O BNG propón a creación da Empresa Municipal de Transporte de Ferrol
Ferrol 27 de abril de 2016.O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción, que será debatida no pleno ordinario de mañá, na que pide que se esixa à Xunta de Galiza a titularidade das concesión de transporte público na nosa cidade, co fin de poder prestalo nas condicións adecuadas desde a propia administración local e que desde o goberno se impulse a creación dunha empresa municipal de transporte.
O BNG lembra que a actual situación na que non existen limitacións concesionais nen planificación de servizos máis aló deste ano 2016 estabelece un marco totalmente aberto e sen condicionantes parta que o goberno local decida libremente unha proposta de transporte público que se adecúe ás necesidades dos veciños e veciñas
A sentenza do tribunal supremo que anula a prórrogas concedidas no ano 2010 ás concesions de transporte metropolitano definen un escenario totalmente aberto. É nese contexto, co horizonte do vindeiro ano 2017, desde o BNG esiximos ao goberno municipal que redefina o servizo co obxectivo de que este preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias que cubra as necesidades sociais dos veciños e veciñas de Ferrol tanto da súa zona urbana como da rural.
O Plan de Transporte Metropolitano desenvólvese pola Xunta de Galiza en base a concesión das liñas de transporte a día de hoxe anuladas por sentenza do Tribunal Supremo. Polo tanto, é decisión do Concello de Ferrol de asumilo ou non nos termos nos que está redactado, e que o alcalde da cidade así o faga demostra a actitude cómplice do goberno municipal fronte á posibilidade de prorrogar a concesións ás mesmas empresas que desenvolvían o servizo na actualidade e fronte a renovación dun Plan de Transporte Metropolitano que se algo ten demostrado é a falla de adecuación as necesidade reais e económicas da cidade.
O actual contexto permite que o Concello poida asumir a xestión das liñas urbanas coa constitución dunha empresa pública de transporteque en colaboración coa Xunta de Galiza de servizo a unha cidade cunha poboación confinada ao uso do transporte privado e que esta a sufrir ao mesmo tempo o desmantelamento dos precarios servizos ferroviarios actuais.
Na proposta do BNG tamén se pide que sexa o Concello de Ferrol, a través da empresa municipal de transporte, quen planificará de maneira conxunta cos concellos da comarca as liñas e frecuencias do transporte urbano.