O BNG vai apoiar a Folga Xeral dunha maneira contundente

Presentación campaña contra o roubo
O BNG vai apoiar a Folga Xeral dunha maneira contundente

 

Ferrol 21 de maio de 2013. O BNG de Ferrol presentou a campaña “Non é un ha crise é un roubo, Rebélate!” mediante a que pretende denunciar as consecuencias tan graves que estan a ter as políticas que se dictan por parte do goberno do estado e a súa aplicación tanto en Galiza como en aqueles concellos gobernados polo Partido Popular como é o noso.

Estas políticas estan levando a cidades como Ferrol a unha situación dramática, estase a xustificar en base a crise económica a adopción de determinacións e decisions politicas que teñen dous obxectivosclaros: un é a concentración do poder fincieiro mediante a inxección de cantidades inxentes de diñeiro ás entidades bancarias que despois concentran todavía máis a capacidade financieira no centro do estado e se esta a aplicar outra determinación política que consiste na concentración do poder politico mediante a aplicación de reformas lexislativas, como pode ser a última, a das entidades locais.

Resulta máis evidente para nós, para as veciñas e veciños de Ferrol, que a situación na que nos atopamos non é unicamente consecuencia da actual crise económica senon que é derivada da aplicación dunhas políticas que non teñen en conta as capacidades produtivas e as necesidades basicas que ten unha sociedade como é, en concreto, a deste concello.

O BNG puxo como exemplo a situación límite na que se atopa o sector naval produto dunhas políticas que se remontan 30 anos atrás, mediante as cais a administración estatal estableceu un veto politico mediante un acordo con outros estados da Unión Europea co fin de liquidar os nosos sectores productivos. Referimonos ao desmantelamento acelerado que se esta a producir das infraestruturas ferroviarias no concello, mediante o último informe que esta a estudar o Ministerio de Fomento, que pretende a eliminación completa de todos os servizos rexionais que existen entre a nosa cidade e a cidade da Coruña, à morte produtiva da ría que vai supor a construcción do viaduto do aceso ferroviario ao porto exterior contemplado no trazado sur e ante o que o concello de Ferrol non estabelece ningun tipo de posición nin cuestiona ninguna desas determinacións que teñen bastantes carencias e que son moitas veces contraditorias.Unha política xeral emarcada no aumento exponencial da debeda deste concello seguindo os ditados da administración central e a concentración do gasto fundamental para paliar una situación tan grave como a actual e que sería o gasto destinado a paliar as grandes carencias que ten a cidade.

Con esta campaña queremos explicar que existen alternativas a este tipo de políticas, que existe outra maneira de sair desta situación e que existen propostas que desde o BNG consideramos que son as necesarias que hai que levar a cabo. É necesario e sería fundamental mediante esta e inxección de diñeiro as entidades bancarias a creación dunha banca pública galega, capaz de inxectar doñeiro nos proxectos empresariais existentes tanto neste concello como no resto do país, é necesario adoptar una politica destinada a desenvolver as nosas grandes capacidades produtivas como pode ser o feito de constituir un conxunto integral destinado à construcción naval, é necesario desenvolver politicas que fagan que se paguen impostos por parte daqueles que máis teñen e por parte dos grandes posuidores de capital como pode ser a igrexa católica ou neste caso na cidade de Ferrol que se faga una compensación pola ocupación polos terreos que o Ministerio de Defensa ten neste concello, o que evidencia a necesidade fundamental de facer un cambio, de dar un xiro de 180 grados ás políticas que se estan a desenvolver por parte da administración do estado

Folga Xeral comarcal

O BNG leva insistindo reiteradamente que a situación neste concello e na comarca é insoportabel e a folga xeral é unha consecuencia inevitábel fronte a unha situación insoportabel.

Estamos cunha taxa de paro do 32%, pero ademais esa taxa de paro esta combinada cunha poboación no que so traballa un terzo da mesma e eso é insoportábel. Por iso é necesario que se tomen medidas que vaian na dirección contraria ás que se estan adoptar e que este goberno municipal deixe traballar de xeito complice e que actúe en funcion das necesidades acuciantes que teñen os veciños e veciñas deste concello por iso desde o BNG imos apoiar dunha meneira contundente realización desta folga xeral que demanda o noso dereito a producir e vivir na nosa terra

O BNG vai apoiar a Folga Xeral dunha maneira contundente