O BNG esixe ao goberno local que actue fronte ao desmantelamento do ferrocarril

O BNG esixe ao goberno local que actue fronte ao desmantelamento do ferrocarril

 

Ferrol 19 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol exixe ao goberno municipal que actúe dunha vez diante do proceso de desmantelamento que o ministerio de Fomento está a desenvolver respecto das infraestruturas ferroviarias na cidade, e que se está a acelerar de modo alarmante.

Para o BNG o comportamento deste goberno municipal, que mantén un silenzo cómplice coas decisións que está a adoptar o ministerio de fomento resulta inadmisible e o feito de que non teña adoptado ningunha resolución ao respecto é intolerable.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que o estado actual das infraestruturas ferroviarias e as súas frecuencias e tempos de viaxe, tanto na conexión coa cidade de A Coruña como nos servizos comarcais é ridícula e cómpre unha renovación destas, o aumento das frecuencias e a reducción dos tempos de viaxe co fin de adptalos ás necesidades sociais e económicas.

A nova proposta que estuda o ministerio de Fomento ao respecto destas infraestruturas pretende agora a eliminación definitiva dos servizos rexionais Ferrol- A Coruña, e supera as xa inadmisibles pretensións iniciais de marzo de 2013 de reducir os escasos servizos actuais de conexión coa cidade de A Coruña ao pasar de 5 a 3 servizos diarios.

Estas propostas son a constatación de que a pretensión do Estado e o desmantelamento dos servizos ferroviairos na cidade, condenando ao illamento a unha área xeográfica de máis de 500.000 habitantes.

Para o BNG resulta intolerable que este goberno municipal actuase como testaferro da administración do Estado respecto da proposta de marzo de 2013, e este comportamento chega ao punto da indignidade polo feito de permanecer impasible fronte á nova proposta destes días que estuda o Mininsterio para eliminar definitivamente os servizos rexionais Ferrol_ A Coruña.

O BNG esixe ao goberno local que actue fronte ao desmantelamento do ferrocarril