A veciñanza de Ferrol pide asistir ao pleno para que se levanten as restriccións de aceso ao concello e recuperar a participación veciñal
Ferrol 28 de marzo de 2022. Esta mañá o BNG compareceu no concello de Ferrol acompañado de representantes dunha parte substancial das entidades veciñas da cidade entre as que estaban: Covas, Ultramar, Ferrol Vello, Canido, Santa Mariña, Brión, Santa Icia, Recimil, San Xoán, San Pablo para presentar máis de 150 solicitudes de veciños e veciñas que piden asistir ao pleno municipal e a apertura da totalidade das dependencias municipais.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, lembrou que estas asociacións xa nos acompañaron, hai máis dun mes, cando presentamos un documento solicitando a apertura das instalacións municipais, fundamentalmente porque o contexto sanitario actual non implica limitacións como a que se están a manter no concello de Ferrol para acceder e poder desenvolver calquera tipo de tramite normal.
Pedimos que a veciñanza poida participar e ter unha relación áxil e normal cos representantes do goberno local ou para exercer un dereito como é poder facer uso da participación e asistir aos plenos municipais e facelo sen que haxa limitacións de aceso.
Hoxe presentáronse 170 solicitudes de participación no próximo pleno ordinario, solicitudes que veñen da man das diferentes asociacións que hoxe están aquí presentes e que están fartas destas restricións impostas polo goberno local.
Iván Rivas, portavoz do BNG, pediu ao alcalde da cidade que deixe de esconderse das demandas dos veciños e das veciñas, que deixe de bunkerizarse nas súas oficinas e atenda á veciñanza para aportarlles solucións. O acceso a planta primeira do concello segue con restricións de aceso, a cita previa é inviábel e imposíbel desenvolvela con normalidade e axilidade, o acceso aos plenos segue vetado e restrinxido vulnerando os dereitos das persoas a poder participar e expresarse neste foro de debate.
Iván Rivas considera que vai sendo hora de poñerlle freo e coto ao comportamento absolutamente autoritario e inxustificable que se está a desenvolver por parte do alcalde da cidade.
É por todo isto que hoxe se presentaron 170 solicitudes de participación e asistencia ao pleno municipal para pedir, basicamente, a supresión de aceso ao edificio municipal tanto ás dependencias de rexistro ou oficinas da planta baixa como nos pisos superiores e a atencion das diferentes concellarías para poder tratar ou falar de calquera necesidade ou problema que poidan ter os veciños e veciñas e as asociacións e os seus representantes.
Asi mesmo pedirán que se desenvolva un proceso que permita solicitar a través da vía electrónica calquera tipo de información ou tramite, de xeito áxil e facil.
É por isto que o próximo xoves presentarémosnos diante do goberno local con estas esixencias e agardemos que cando menos diante da presión social que se esta a demostrar hoxe aquí o goberno local reaxa, cambie de actitude e empece a atender aos veciños e veciñas.