PIDE QUE O CONCELLO CONTRATE DIRECTAMENTE A ENERXÍA SEN INTERMEDIARIOS

O BNG defenderá no pleno de Ferrol medidas contra a escalada de prezos

Campaña contra a suba dos prezos
Campaña contra a suba dos prezos
Iván Rivas, indicou que considera oportuno que por parte da administración local adoptasemos, tamén, decisións que foran en beneficio dos veciños e veciñas.
O BNG defenderá no pleno de Ferrol medidas contra a escalada de prezos
Ferrol 29 de marzo de 2022. O Bloque Nacionalista Galego pedirá no próximo Pleno municipal de Ferrol o apoio para esixir unha actuación urxente do Goberno español e da Xunta de Galiza contra a escalada da inflación, para o que presentamos unha moción que contén un decálogo de medidas concretas para protexer a cidadanía e o emprego da suba disparada dos prezos fronte a inacción demostrada por ambos gobernos. Así mesmo pedirán que o concello de Ferrol busque alternativas para aforrar no recibo eléctrico contratando directamente a enerxía que consume sen intermediarios.

Ivan Rivas indicou que o BNG pretende chamar a atencion diante da situación creada produto dunha escalada de prezos, que se pretende xustificar en base a guerra que se esta a desenvolver en Ucrania, pero que ten unha orixe anterior e a levamos sufrindo desde hai moito tempo. O actual contexto de subida de prezos non vai acompañado dunha suba dos salarios e isto xera situacións cada vez máis precarias na sociedade galega. é por iso que desenvolvemos unha campaña cun decálogo de propostas que pretenden paliar este contexto que se esta a vivir no momento actual e tomar medidas de fondo que palien esta problemática.

Iván Rivas, indicou que considera oportuno que por parte da administración local adoptasemos, tamén, decisións que foran en beneficio dos veciños e veciñas.Lembrou que o contrato de subministro de enerxia electrica do concello de Ferrol está caducado, finalizou no ano 2020, e se trata dun contrato que supón máis de 2 millóns de euros ao ano. Asi mesmo estae gasto esta a ter un incremento deses custes polo prezo ao que está hoxe en día a enerxía e polo feito de ter un intermediario que é o que merca a enerxia no mercado electrico.

Ese contrato, que a día de hoxe non existe, foi produto dunha licitación do ano 2018. Iván Rivas salientou que a alternativa e ese contrato pasa por mercar de maneira directa no mercado maiorista a enerxia por parte da administración local, igual que fan outras cidades no Estado. Isto implicaría ventaxas como que se suprimen os custos derivados dos beneficios da comercializadora, que rondan sobre o 20%, que se xeraria emprego, pois habería que contratar ao personal encargado de mercar esa enerxia en funcion doutra das ventaxas que é a definición dos consumos que precisaría o concello de Ferrol.A implementación desta medida é un proceso que non debemos deixar escapar e menos nun contexto actual no que carecemos de contrato, os prezos da enerxia estan dipsrados e no que as administracións deben traballar para reducir os custos que despois repercuten nos veciños e veciñas.

Na moción recóllense outro tipo de medidas como demandar unha fiscalidade máis xusta e unha intervención pública para frear a escalada da inflación. Entre elas, destaca a solicitude de controlar os prezos da enerxía, unha baixada do IVE dos produtos e servizos básicos, o aumento das pensións e dos salarios máis baixos, a redución das peaxes e dos impostos de hidrocarburos, a protección dos sectores agro-gandeiro e marítimo-pesqueiro, a intervención no mercado da vivenda para facilitar o acceso social, a revisión á alza das bolsas para estudantes e o incremento das axudas sociais como o Ingreso Mínimo Vital e tamén das partidas contra violencia machista e para familias monoparentais.

Todas estas propostas forman parte da campaña nacional que o BNG está a desenvolver en todo o páis contra a destrución das condicións da vida. Unha ofensiva institucional e social á que se sumará unha manifestación en Santiago de Compostela este domingo 3 de abril, ás 12hs na Praza Oito de marzo.
O BNG defenderá no pleno de Ferrol medidas contra a escalada de prezos