Unha concentración e unha moción para pedir que non se paralice a rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero.

DSC_0009
concentración na praza Vella
Neste acto as entidades convocantes anunicaron que presentarán unha moción que defenderán no vindeiro pleno municipal, ao que acudirán, coa intención de que o goberno municipal mude o seu posicionamento e continúe coa tramitación deste proxecto de rehabilitación declarando a casa natal de Carvalho Calero como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación
Unha concentración e unha moción para pedir que non se paralice a rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero.
Ferrol 27 de marzo de 2022. Esta maña celebrouse na praza vella de Ferrol unha concentración na que o BNG, a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, a Fundaçom Artábria, a Sociedade Cultural Medulio, a Asociación Veciñal de Ferrol Vello e o Ateneo Ferrolán, volveron a esixir ao goberno local que non paralice o proxecto de rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero.

Neste acto as entidades convocantes anunicaron que presentarán unha moción que defenderán no vindeiro pleno municipal, ao que acudirán, coa intención de que o goberno municipal mude o seu posicionamento e continúe coa tramitación deste proxecto de rehabilitación declarando a casa natal de Carvalho Calero como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación


Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que o goberno local quere agocharse tras a sentenza do Tribunal Supremo que anulou o Pepri de Ferrol Vello para non desenvolver este proxecto, pero o BNG presentoulle varias alternativas para poder continuar con esta tramitación. A máis evidente é a declaración da casa de Carvalho Calero e das parcelas que forman parte do proxecto como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER)., no marco da area Rexurbe, o que permitiria pasar por riba do actual Plan Xeral e da actual limitación existente para poder desenvolver este proxecto.


Así mesmo Iván Rivas cualificou ao goberno local de desonesto e pouco fiable. Lembrou que o actual alcalde se comprometeu con estas asociacións e co BNG a recuperar estas edificacións, comprometeuse a facelo, ademáis, sobre a base dun proxecto consensuado que tiña como criterio vertebrador darlle usos culturais a este conxunro de edificación que ia permitir que os veciños e veciñas do barrio puideran ter unhas instalacións onde desenvolver as súas actividades e impulsar o recoñocimento e estudo de Carvalho Calero, pero o alcalde esta a incumprir estes compromisos


Iván Rivas se pregunta como é posibel que tras unha sentanza produto de facer mal as cousas tanto a Xunta de Galiza como o PP no seu momento aquí ninguen asuma responsabilidades de ningun tipo e como é posible que a Xunta tamen permaneza en silencio e non aporte unha solución para a casa de Carvbalho Calero e para o conxunto do barrio.
Unha concentración e unha moción para pedir que non se paralice a rehabilitación da casa natal de Carvalho Calero.