Solicitan a declaración de zona ZER para a casa de Carvalho Calero o que posibilitaría acometer a súa rehabilitación
Ferrol 24 de febreiro de 2026. Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol compareceu con representantes da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, o Ateneo Ferrolán, a Sociedade Cultural Medulio,a asociación Artábria para presentar a Moción que será debatida no pleno de fin de mes co fin de tramitar, de xeito inmediato, a declaración da casa natal de Carvalho Calero e das parcelas afectadas como zona de especial necesidade de rehabilitación (ZER) e a desenvolver o proxecto de rehabilitación redactado pola oficina de rehabilitación municipal e que foi consensuado coas entidades implicadas na recuperación desta casa igual que os seus futuros usos
Iván Rivas lembrou o derrubo acontecido nas edificacións que conforman o conxunto do ámbito de acuación que se tiña estabelecido para a recuperación da casa de Carvalho Calero e o ligou ao abandono constante ao que se ven sometidas estas parcelas pola deixadez municipal que vai provocar que vai quedar pouco para rehabilitar.
Asi mesmo, lamentou as declaración recentes do alcalde onde se autoxustificaba respecto do deterioro destas edificacións, argumentando que cando el chegou a alcalddía encontrouse co Plan Especial do barrio anulad. Cómpre chamarlle a atención e lembralle a Rey Varela que o plan especial anulado é un plan especial do seu mandato e polo tanto a súa anulación deriba das súas decisións e dos seus criterios para redactalo e para aprobalo.
Rivas quixo evidenciar tamén que no anterior mandato e produto dunha iniciativa similar dos mesmos colectivos que presentamos esta iniciativa o actual alcalde e o PP apoiaron a declaración deste ámbito como zona ZER o que permitiría actuar sen agardar a ter aprobado un plan especial, daquela o PP considerou oportuno e necesario esa medida. Unha propostas que agora dende o goberno da cidade négase a desenvolver e a facer viable esta medida que resolvería esta cuestión.
Nesta iniciativa reivindican tamén recuperar a dotación orzamentaria que existía no concello para financiar este proxecto e que o actual goberno fixo desaparecer.
Maria José Peniza, presidenta da entidade veciñal do barrio insistiu que outra vez reivindican unha saída para este proxecto, lamentou que cada vez queda menos en pe da casa de Carvalho Calero, e na asociación pensamos que estas vivendas son o reflexo da deixadez coa que se trata ao noso barrio por parte do concello, asi como resulta evidente que ao concello de Ferrol non lle interesa a figura de Carvalho Calero.