Rosana Pérez demanda ao goberno melloras laborais no CAMF de Ferrol

Rosana Pérez demanda ao goberno melloras laborais no CAMF de Ferrol

 

Madrid, 20 Maio 2013. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha pregunta parlamentar na Cámara para demandar ao Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais, a mellora das condicións laborais do personal do CAMF de Ferrol.

En concreto, a deputada do BNG pide que o personal do CAMF-IMSERSO, dependente do Ministerio, sexa declarado sector prioritario a fin de posibilitar a imediata cobertura das vacantes.

Explica Rosana Pérez que a plantilla do CAMF de Ferrol leva tempo con movilizacións polo problemas no desenvolvemento normal dos seus traballos. “A Administración está a impór unha serie de recortes e horarios de traballo que prexudican aos traballadores, rebaixando as súas condicións laborais, e incluso, poñendo en risco a calidade de atención prestada aos usuarios do centro”.

Máis, denuncia, “o Ministerio négase a cubrir as vacantes, e aumenta continuamente o número de días de presenza no centro e as fins de semana traballados. “Incluso se lles denega, sistemáticamente, os días vacacións ou de formación solicitados”.

Por estas razóns, a parlamentar do BNG formula ao Ministerio unha serie de demandas e preguntas: “Vai o Ministerio a escoitar os requerimentos dos traballadores? Cal o seu dispór a se reunir cos traballadores? É consciente do deterioro das condicións laborais?”.

Discursos contradictorios do PP

A deputada do BNG critica os recortes en políticas sociais por parte do Goberno, e a supresión práctica da Lei de Dependencia que “deixa no desamparo a moitas persoas con discapacidade”. Ademáis, “dado que o Ministerio de Xustiza aludiu á necesidade de cumprir coas recomendacións da ONU para a non discriminación das persoas con discapacidade, que medidas vaia adoptar para mellorar a situación das persoas con dependencia?”.

Rosana Pérez demanda ao goberno melloras laborais no CAMF de Ferrol