O BNG pregunta no Congreso polas causas do embarrancamento do “Anna”

O BNG pregunta no Congreso polas causas do embarrancamento do “Anna”

 

Ferrol 24 de maio de 2013. O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no Congreso para coñecer cais foron as causas de que o mercante “Anna” encallase na bocana da ría e para coñecer cal é a información oficial da Autoridade Portuaria sobre este accidente.

O BNG na súa iniciativa lembra que o pasado domingo 19 de maio, o buque mercante “Anna” encallou na bocana da ría debido a que a proa chocou contra unhas rochas comprendidas entre a batería de San Carlos e o castelo de San Filipe e cuxas causas parecen ser un problema no dispositivo que controla o temón do barco.

Así mesmo lembran que grazas a que o barco non levaba ningunha carga non houbo que lamentar consecuencias peores como un posíbel verquido de combustíbel á ría e que logo de tres horas os remolcadores desprazados puideron auxiliar ao buque e levalo até o ponto de atraque.

É por iso que o BNG na súa iniciativa se interesa por coñecer se se ten previsto revisar os protocolos de seguridade para garantir se son os adecuados ou é preciso cambialos.

O BNG pregunta no Congreso polas causas do embarrancamento do “Anna”