Pedímoslle ao alcalde a paralización do decreto para o reparto de usos da piscina de Caranza
Nesta comparecencia pública pedíuselle ao alcalde que a aplicación do decreto, que se pretende executar este venres, se paralice e se poida desenvolver un dialogo para chegar a un acordo.
Ferrol 21 de outubro de 2020. Esta mañá representantes do BNG e dos clubs deportivos: Natación Ferrol, Triatlón Ferrol e Sincro Ferrol, ofreceron unha rolda de prensa no concello para dar conta da situación derivada polos usos da piscina do complexo deportivo Javier Gómez Noya e a pretensión do goberno local de aplicar un decreto para reparto do usos desta instalación feito de maneira unilateral e sen dialogo con estes tres clubs.
Nesta comparecencia pública pedíuselle ao alcalde que a aplicación do decreto, que se pretende executar este venres, se paralice e se poida desenvolver un dialogo para chegar a un acordo. Asi mesmo informouse por parte de Iván Rivas a pretensión de que no día de maña, despois da xunta de voceiros convocada, tentaremos que o Alcalde da cidade atenda e reciba aos representantes destes tres clubs para desenvolver ese proceso de dialogo
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que este tema se resume en que hai tres clubs que teñen unha importante trascendencia na cidade tanto pola sua actividade deportiva de alto nível como polo numero de participantes que acollen nas súas filas, o que por si só, é fundamental para que o goberno teña en conta as suas demandas. Ademais sinalou que ningún destes tres clubs se nega a que se regule o uso da piscina en base a unhas necesidades e uns obxectivos pero que este reparto non se pode facer de xeito unilateral. Neste contexto haberá que ter en conta, así mesmo, outras instalacións existentes na cidade que teñen un carácter público polo que se debería paralizar a implementación, este venres, por parte do goberno municipal do decreto para o reparto da lámina de auga sen ter dialogado cos clubs. Indicar tamén que estes tres clubs que están dispostos a consensuar e chegar a un acordo polo que goberno local debería implicarse neste proceso. Levamos máis dun mes tentando que por parte do goberno se reciba a estes colectivos, sen resultado, polo que o voltaremos a intentar mañá logo da Xunta de portavoces prevista no concello e agardamos que por parte do alcalde se teñan en conta estas cuestión.
A situación actual é que a día de hoxe existe un decreto aprobado polo goberno local, pendente da súa aplicación a partir deste venres, que ten moitas carencias e moitas deficiencias. Por unha parte, este decreto regula a ocupación da lámina de auga en función da contabilización das licenzas e dos usuarios e usuarias que é cando menos cuestionable ou discutible. En segundo lugar porque non ten en conta que na cidade existe outra lámina de auga que é de propiedade pública que é a piscina que existe en Batallóns e que ademais o decreto que se pretende aplicar implica moitos problemas de operatividade tanto para permitir a xestión continua do seu uso é dicir non ter que entrar na piscina, ter que sair para volver a entrar a outras horas como para poder desenvolver adestramentos con certa progresividade e calidade polo tempo de uso como da xestión que provoca que poida haber horas baleiras a partir das 22 horas, unha situación que non ten moita lóxica nunha situación na que no concello de Ferrol existe moita demanda para o uso dunha instalación como esta.
Por estes motivo e porque pensamos que é un decreto que chega a destempo, xa que se vai aplicar agora ou cando menos a partir do próximo mes, é dicir en Novembro, cando estes clubs xa están no proceso álxido de desenvolver as súas actividades e os seus adestramentos e porque o resultado das súa aplicación o que pode provocar é un caos desde o punto de vista deportivo, desde o punto de vista da xestión, pero tamén desde o punto de vista laboral para as persoas que están vinculadas a estes clubs pois desde o BNG e tendo en conta as demandas que están a facer estes clubs solicitámoslle ao alcalde da cidade e ao seu goberno que desbote a aplicación inmediata deste decreto, que teña en conta as demandas destes clubs que o que están a pedir, fundamentalmente, é que os atendan que lles dean un espacio de dialogo e de consenso tendo en conta ademais que estes tres clubs están dispostos a chegar a un acordo para xestionar o uso desa piscina polo que é incomprensible como por parte do responsábel da xestión desta piscina non se adopta ningunha decisión ao respecto e que o goberno participe dese proceso de xestión e de consenso para regular o seu uso ao longo destes meses e se posteriormente queremos desenvolver un decreto que poida ser aplicable durante un tempo máis prolongado o mínimo será que se teña en conta todas estas circunstancias e as demandas e as consideracións que se poidan facer por parte dos clubs afectados.