O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA A MELLORA DESTA ZONA XUNTO A VECIÑANZA E A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES SOFIA CASANOVA

Máis de 300 sinaturas avalan a iniciativa para mellorar o parque Pablo Iglesias

Entrega das sinaturas para a mellora do parque Pablo Iglesias
Entrega das sinaturas para a mellora do parque Pablo Iglesias
Máis de 300 sinaturas avalan a iniciativa para mellorar o parque Pablo Iglesias

Ferrol 27 de xaneiro de 2026. O BNG de Ferrol acompañado de representantes veciñais das inmediacións do parque Pablo Iglesias, así como da ANPA do IES Sofia Casanova fixeron entrega no rexistro municipal de máis de 300 sinaturas pedindo que proceda a solucionar as múltiples deficiencias existentes neste parque e a súa contorna, demandas que serán abordadas no pleno de fin de mes a través dunha moción.

 

Iván Rivas portavoz municipal do BNG, lembrou que estas reivindicacións non son novas e que a veciñanza leva asistindo durante meses ao deterioro cada vez mais avanzado desta zona. Así sinalou que a mostra deste descontento é o numero de sinaturas que se recolleron para intentar canalizar e visibilizar estas demandas despois das reiteradas chamadas de atención ao goberno local para que tomara medidas para resolver esta situación sen que fixera nada.

 

O BNG incide no lamentable estado en que se atopa o esta zona da cidade na que cando chove os camiños do parque fanse intransitables produto da acumulación de auga en moitos dos seus tramos afectando, ademais, a unha das entradas ao instituto o que imposibilita que os e as estudantes poidan acceder ao centro con normalidade por atoparse a entrada inundada e enlamada.

 

Alicia Munín, presidenta da ANPA do IES Sofia Casanova, advertiu que piden seguridade para os nenos e nenas xa que están entrando no instituto de noite nunha zona que non esta moi iluminada como é a rúa Querol Lombardero, onde os pasos de peóns son inexistentes, os tres que hai nesa rúa están completamente borrados. Ademais de ir ao instituto sen esa seguridade, teñen que entrar pola porta que da ao parque que está nunha zona chea de charcos inmensos e completamente enlamada. Por iso reclaman que o Concello amañe esa zona do parque e pinte dunha vez os pasos de peóns.

 

Felipe Vázquez, veciño da zona, lembrou que se trata dun parque moi concurrido e moi utilizado pola veciñanza de toda a contorno e creen que é necesario que se arranxe dunha vez xa que é un espazo visitado por veciños e veciñas e de convivencia de varios barrios da cidade.

 

Máis de 300 sinaturas avalan a iniciativa para mellorar o parque Pablo Iglesias