O BNG demanda un arranxo integral para o Carvalho Calero e tacha o goberno municipal de “goberno de Chapuzas”
Ferrol 24 de xaneiro de 2026. O BNG de Ferrol amosa o seu enfado respecto a que o goberno municipal non contemplase nas obras de reparación do centro cultural Carvalho Calero, situado na praza do Inferniño, a reparación da fachada exterior do edificio, a cal presenta fisuras, fendas e zonas con perdida de revoco que poden ser fonte de humidades e filtracións cara o interior, nin que tampouco se contemplasen elementos centrais e fundamentais nas obras da reforma interior como a instalación dun sistema de climatización e a renovación do sistema de ventilación que non actúa sobre espazos como a biblioteca, non dispón de caudal variable, non ten en conta a concentración no ambiente de contaminantes e tampouco dispón de recuperadores de calor, tampouco se actúa en cousas tan elementais como o arranxo das butacas do salón de actos, nin se prevé algunha alternativa para reabrir o local da biblioteca que permanece pechado ao público.
Os nacionalistas solicitan que se faga unha reparación integral do centro cultural que debe de incluír estas melloras e critican que se gasten mais de 500000 € para seguir mantendo numerosas deficiencias. O concelleiro do BNG Roberto Montero comenta que o máis razoable é arranxar primeiro a fachada exterior para que as humidades non poidan volver a deteriorar o arranxo interior e reprocha o PP que a veciñanza de Ferrol siga condenada a non poder usar con normalidade un espazo fundamental e céntrico na cidade como o salón de actos do centro cultural Carvalho Calero. “Ningún colectivo quere facer actividade nun local coas butacas furadas que dan un aspecto lamentable das propias actividades a celebrar e degradan a imaxe da propia cidade de Ferrol, circunstancia aínda máis agravada cando non se dispón de un sistema eficiente de ventilación nin de climatización, a veciñanza ten que pasar frío ou calor” e cualifica non contemplar estas melloras como “propio dun goberno de chapuzas encabezado por Rei Varela”