O BNG traslada ao Ministerio de Transportes a necesidade de modernizar as infraestruturas ferroviarias en Ferrol

Reunión co grupo do BNG no Congreso
Reunión co grupo do BNG no Congreso
Os portavoces municipais de Ferrol mantiveron un encontro co Director Xeral de Ferrocarrís e cos grupos parlamentares do Congreso dos Deputados para abordar a futuro do ferrocarril en Ferrol.
O BNG traslada ao Ministerio de Transportes a necesidade de modernizar as infraestruturas ferroviarias en Ferrol

Ferrol 27 de maio de 2025. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, tras a reunión mantida esta maña co Director Xeral de Ferrocarrís considera que a mesma serviu para poder transmitirlle a necesidade de modernización das infraestruturas ferroviarias de conexión coa cidade da Coruña. Rivas incidiu na necesaria modernizacion en dous aspectos que deberiamos abordar de maneira imediata, como é a resolución das alegacións ao estudo informativo para o by-pass de Betanzos e o inicio do proceso para a redacción do proxecto e as obras asociadas a estes traballos e tamén pola electrificación do trazado, electrificación pendente durante os últimos anos.

 

Iván Rivas considera que a outra perspectiva a ter en conta é que desde o propio Ministerio se sexa consciente da necesidade que hai de desenvolver unha reforma do trazado actual de cara a reducir os tempos de viaxe de conexión coa cidade da Coruña, duplicando a vía para poder asi aumentar as frecuencias, para logo demandar por parte da Xunta de Galiza en colaboración coa administración estatal a xestión das infraestruturas ferroviarias dos corredores internos, tanto no que ten que ver co ancho metrico co ancho ibérico, para poder adaptala as necesidades dos veciños e veciñas dun ámbito territorial que supera os 600.000 habitantes

 

Rivás considera que nas reunións que manterán cos diferentes grupos parlamentares é crucial que tras o analizado esta maña e avanzado no aspecto técinco se poidan concretar acordos de tipo político que nos permitan cando menos establecer un punto de inflexión para unha reivindicación histórica da nosa cidade e da nosa comarca.

O BNG traslada ao Ministerio de Transportes a necesidade de modernizar as infraestruturas ferroviarias en Ferrol