O BNG e a veciñanza da rúa Lousas demanda actuacións urxentes
Ferrol 20 de agosto de 2025. BNG de Ferrol reuniuse coa veciñanza da rúa Lousas, rúa que comunica a zona da Malata coa zona de Xoane, neste encontro a veciñanza puido trasladar de primeira man as súas demandas e problemáticas principais, que non foron atendidas polo goberno municipal, como a necesidade de rozar a maleza nas parcelas que lindan coas súas vivendas e a reparación do firme da estrada.
Tras a reunión o BNG comprometeuse a levar estas demandas a comisión de obras servicios e medio ambiente e facer todo o posible para arranxar esta situación. O concelleiro nacionalista Roberto Montero acusou o goberno municipal de Rey Varela de ser un goberno xordo que ignora as demandas e non dá resposta a veciñanza- O caso da rúa Lousas é un bo exemplo desta actitude na que se mantén a veciñanza nun absoluto abandono.
Dende o BNG recordan o goberno municipal a obriga que ten de esixir os donos de parcelas con maleza a súa obriga de rozar e limpar, no caso de non ter resposta demandan que o faga de forma subsidiaria e urxente o concello. Montero comenta “non é de recibo que os veciños/as da rúa Lousas teñan parcelas sen rozar durante anos que lindan coas vivendas habitadas, nelas hai problemas de salubridade debido a presenza de insectos, ratas e ata xabarís, incluso hai uns días houbo un pequeno incendio que non pasou diso grazas a intervención rápida da veciñanza”
Os nacionalistas tamén demandan un pavimento novo para a estrada da rúa Lousas, Montero comenta ”O estado da rúa e lamentable, o asfaltado e un conxunto de parches que xa non dá máis de si, polo que urximos a acelerar o pavimentado e cambio de canalizacións que pasan polo centro da rúa, o goberno non pode dedicar máis cartos a asesores que a arranxar os problemas da veciñanza”.