PIDE CONVOCAR O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

O BNG APOIA AS DEMANDAS DAS ANPAS DO JUÁN DE LÁNGARA E SAN XOÁN

María do Mar López
María do Mar López
O BNG APOIA AS DEMANDAS DAS ANPAS DO JUÁN DE LÁNGARA E SAN XOÁN

Ferrol 11 de setembro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera necesario que a Consellería de Educación repoña a praza do docente de pedagoxía terapéutica suprimida nos CEIPs Juan de Lángara e San Xoán.

 

María López, concelleira do BNG, afirma que desde o BNG queremos facernos eco e apoiar as denuncias e demandas realizadas polas Anpas destes dous centros diante da eliminación do mestre mestre/a especialista en pedagoxía terapeútica compartida por ambos centros, que supuña un recurso esencial para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

 

Dende o BNG asi mesmo consideramos imprescindíbel que por parte do goberno municipal se convoque à maior brevidade posíbel o Consello Escolar Municipal para avaliar o estado dos centros edicativos diante do inicio do curso, valorar as súas demandas e canalizar as súas reivindicacións diante das administracións correspondentes tanto a Xunta de galiza como a do propio concello de Ferrol.

 

O BNG APOIA AS DEMANDAS DAS ANPAS DO JUÁN DE LÁNGARA E SAN XOÁN