ROBERTO MONTERO ACUSA O GOBERNO DO PP DE "SER UNHA AUTENTICA BANDA DE CHAPUZAS"

O BNG a veciñanza da rúa Loureiros piden explicacións pola chapuza no arranxo das fochancas

veciñanza da rúa Loureiros
veciñanza da rúa Loureiros
O BNG a veciñanza da rúa Loureiros piden explicacións pola chapuza no arranxo das fochancas

Ferrol 31 de marzo de 2026. O BNG de Ferrol denuncia os deficientes arranxos que está a realiza o goberno municipal de Rey Varela nas rúas e camiños, moitos duran apenas uns días e outros quedan en peor estado do que estaban antes de realizarse.

Os nacionalistas poñen como exemplo o da rúa Loureiros do barrio de Santa Mariña, do que foron alarmados pola propia veciñanza que non daba crédito da vergoñenta reparación feita nesta rúa e esixen que o concello realice unha reparación en condicións.

O concelleiro do BNG Roberto Montero acusa o goberno do PP de ser unha autentica banda de chapuzas “ levan tres anos de abandono sen facer reparacións nas estradas e camiños municipais que levou a que moitos estean nun estado lamentable é agora queren avanzar facendo o traballo de unha forma deficiente ” o concelleiro tamén reclama o goberno de Ferrol que arranxe de unha vez e forma eficiente o camiño dos Loureiros e pide o alcalde que pida desculpas a veciñanza de Santa Mariña por está actuación lamentable “ é un insulto a veciñanza deixar unha rúa con fochancas que miden 30 cm de profundidade na cal a veciñanza ten que ir con botas para depositar o lixo nos contedores”

Montero explica que un dos problemas é o modelo o que nos traen as políticas de privatizacións de partidos como o PP “a falla de supervisores municipais e a ausencia de unha cuadrilla municipal para as reparacións máis básicas do día a día son unha lousa para acometer de forma eficiente estes traballos, necesitamos alcaldes que resolvan estes problemas en vez de facer fotos propagandísticas cun chaleco reflectante”

O BNG a veciñanza da rúa Loureiros piden explicacións pola chapuza no arranxo das fochancas