O BNG denuncia o goberno municipal do PP de restrinxir o dereito o acceso a información pública
Ferrol 9 de abril de 2026. O BNG de Ferrol volve a cargar contra o goberno de Rei Varela ao que acusa de usar todas as argucias posibles para tratar de impedir a participación política dos grupos municipais, socavando dereitos fundamentais como os que teñen os concelleiros e concelleiras da oposición o control e fiscalización das accións de goberno.
O concelleiro nacionalista Roberto Montero acusa o goberno do PP de dificultar o acceso os expedientes municipais, saltándose a lexislación e negando sistematicamente as solicitudes de copias tanto en papel como en formato dixital “ non se pode denegar copia dun expediente sen facelo de forma motivada e razoada cousa que Rei Varela denega sistematicamente sen ningunha explicación, esta forma de proceder e propia de gobernos caciques que teñen cousas que agochar e pensan que o concello é a súa casa particular”.
O BNG tamén denuncia o baleirado de información nas comisións informativas municipais e a falla de puntos na orde do día das mesmas. Montero explica que “comisións que deberan de ter moito contido como a de Urbanismo obras e servizos e que ten que ser convocada semanalmente a maioría de veces traen un só punto na orde do día para intentar limitar o debate político e outras moitas non se cumpre nin a obrigación de convocatoria semanal, o goberno leva dúas semanas consecutivas de vacacións sen convocar esta comisión a pesar de coincidir en días laborais privando o debate de asuntos importantes para a veciñanza.