O BNG CONMEMORA O DÍA DE ROSALÍA E REIVINDICA A REMODELACIÓN DA SÚA PRAZA

Dia de Rosalia 2025
Dia de Rosalia 2025

Ferrol 21 de febreiro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol conmemorou esta mañá o Día de Rosalía cun acto na praza que leva o seu nome no barrio de San Xoán no que reivindicou a necesidade pensar o noso futuro como pobo por nós mesmos

 

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, lembrou que o BNG desenvolve este acto, un ano máis, diante da incomparecencia do goberno municipal e acompañados dos veciños e veciñas deste barrio que decepcionados polas prioridades do alcalde reivindicaron unha vez máis a remodelación deste espazo central do barrio despois de que o Partido Popular decidise destinar os fondos previstos para esta obra a costear a nova iluminación do estadio da Malata.

 

Iván Rivas aproveitou este acto para esixir ao alcalde da cidade que atenda as necesidades da veciñanza como é a remodelación da praza de Rosalía e por outra que reivindique as referencias do pasado como Rosalia que nos permitan construir o futuro desde o que somos como colectivo e como pobo.

 

Rivas sinalou que se algo podemos aprender da nosa historia é que pensar por nos mesmos é mais necesario que nunca, isto é evidente en personaxes como Castelao ou como Rosalia e indicou que se renunciamos ao que somos non temos ningún futuro e polo tanto a nosa existencia depende de que empezemos a poñer os pes sobre a nosa realidade e construamos o noso futuro desde aquí.

O BNG CONMEMORA O DÍA DE ROSALÍA E REIVINDICA A REMODELACIÓN DA SÚA PRAZA
O BNG CONMEMORA O DÍA DE ROSALÍA E REIVINDICA A REMODELACIÓN DA SÚA PRAZA