O BNG demanda a inmediata reparación dos accesos o IES Sofía Casanova

foto 2
foto 2
O estado dos accesos peonís ao instituto son lamentables e por riba perigosos tanto pola entrada principal como pola entrada traseira.
O BNG demanda a inmediata reparación dos accesos o IES Sofía Casanova

Ferrol 19 de febreiro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol demandou na comisión de urbanismo e obras deste mércores adoptar unha solución inmediata o mal estado da accesibilidade peonil na contorna do instituto.

O concelleiro do BNG Roberto Montero denuncia que o estado dos accesos peonís ao instituto son lamentables e por riba perigosos tanto pola entrada principal como pola entrada traseira. “O acceso pola entrada principal a través das beirarrúas da rúa Galego Soto ten plaquetas levantadas, outras bailan por estar soltas, algunhas están rotas ou xa son inexistentes.”

Montero indica que o acceso pola parte traseira aínda está peor, faise a través dun dos camiños de árido compactado do parque Pablo Iglesias e denuncia que o goberno local este permitindo o acceso a este camiño a camións e furgonetas das empresas que aceden o tanque de tormentas, sen ningún control e sen buscar ningunha alternativa viable “isto como vos podedes imaxinar produce numerosas fochancas que fan que sexa practicamente impracticable, e parte do alumnado chega as aulas cos pes mollados” mentres a parte do camiño que vai en sentido As Pías “ten unha capa de terra moi perigosa que o estar mollada convertese nunha lameira na que é case imposible aguantarse de pé o que o convirte nun perigo tanto para os rapaces como para calquera usuario do parque”.

Montero recorda que hai uns días, a consecuencia dunha plaqueta levantada, houbo que lamentar que unha persoa da comunidade educativa tropezara a escasos metros da entrada e levase un forte golpe.

Dende a fronte nacionalista mostran a súa preocupación o igual que a de toda a comunidade educativa e esixen que se acometan de urxencia as reparacións necesarias para non ter que lamentar ningún novo incidente .

O BNG demanda a inmediata reparación dos accesos o IES Sofía Casanova