O BNG quere facilitar a participación de artesáns locais no Mercado de Nadal

Encontro con artesás locais
Encontro con artesás locais
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que, de ser certas, as condicións esixidas ás artesáns limitan claramente a súa participación neste mercado cando os obxectivos do concello deben ser facilitar a participación de expositores da nosa cidade.
O BNG quere facilitar a participación de artesáns locais no Mercado de Nadal

Ferrol 2 de decembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol manterá esta tarde un encontro con representantes do colectivo de Artesáns afectados polas condicións que o concello impón na celebración do Mercado de Nadal previsto para celebrar na nosa cidade nas vindeiras semanas.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que, de ser certas, as condicións esixidas ás artesáns limitan claramente a súa participación neste mercado cando os obxectivos do concello deben ser facilitar a participación de expositores da nosa cidade. As condicións esixidas pola empresa contratada polo concello para a xestión deste evento con prezos que van desde os 800€ até case os 2000€ sen ive por pouco mais de 3 semanas convirten a participación de moitos e moitas destas perosas en imposíbel.

O BNG, así mesmo, lamenta o atraso do concello de Ferrol na planificación deste evento o que provocou que moitas destas persoas renunciaran a participar noutras feiras agardando para poder expor na nosa cidade e agora atópanse con esta situación.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, esixe ao goberno local unha redución significativa nos prezos para que estas persoas poidan finalmente participar no mercado de nadal da nosa cidade.

O BNG lamenta tamén a falla de diálogo amosada polo goberno municipal de Ferrol con este colectivo negándolles información, e negándose a recibilos para escoitar as súas demandas e as súas propostas.

 

O BNG quere facilitar a participación de artesáns locais no Mercado de Nadal