O BNG pide atender as demandas do deporte local
Iván Rivas lembra que esta non é unha situación novidosa, que levamos catro anos con problemas nas instalaciuóns deportivas e con reclamacións dos clubs que o goberno local de Angel Mato se nega a atender.
27 nov. 2022 - 12:55
Ferrol 26 de novembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego no concello de Ferrol esixiu esta maña ao goberno local celeridade nas obras do pavillón Javier Gómez Noya de Caranza e advertiu que a deixádez do goberno municipal está a poñer en apuros aos clubs deportivos e compromete a celebración de competicións programadas.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera nula a xestión das instalacións deportivas por parte deste goberno local. A situación que vive o deporte local, tendo que adestrar e desenvolver as súas competicións en recintos con múltiples deficiencias, está a aumentar o malestar dos clubs deportivos locais, unha situación que se agrava polo muro de silencio co que se atopan cando queren aceder ao goberno municipal.
Para o BNG o goberno local non está a atender as necesidades do deporte local. O caso do complexo deportivo de Caranza que permanece pechado sen saber os clubs cando poderán retornar a súa actividade nestas instalacións é o caso maís evidente da deixadez do goberno municipal. Esta situación, igual que o estado das instalacións de FIMO, demostra unha deficiente xestión por parte do goberno municipal.
Iván Rivas lembra que esta non é unha situación novidosa, que levamos catro anos con problemas nas instalaciuóns deportivas e con reclamacións dos clubs que o goberno local de Angel Mato se nega a atender.
O BNG considera necesario establecer un dialogo real cos clubs deportivos da cidade escoitar as súas necesidades e demandas e actuar con dilixencia. Así mesmo insiste na necesidade de que o concello oferte unha alternativa municipal ao peche do pavillón de Caranza e facilite aos clubs afectados un lugar onde poder desenvolver a súa actividade mentres estas instalacións estan fóra de servizo.