O BNG elixe a Iván Rivas candidato a alcaldía de Ferrol

Iván Rivas
Iván Rivas
Iván Rivas, candidato á alcaldía de Ferrol polo BNG, sinalou a relevancia actual do BNG no futuro de Ferrol como a forza capaz de presentar unha proposta alternativa que permita transformar Ferrol nunha cidade que mira cara adiante rompendo coas inercias do pasado.
O BNG elixe a Iván Rivas candidato a alcaldía de Ferrol

Ferrol 3 de decembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego vén de elixir por unanimidade a Iván Rivas como candidato á Alcaldía de Ferrol nas vindeiras eleccións municipais de 2023 co obxectivo de darlle unha solución real aos problemas que acumula a cidade. A Asemblea Local do BNG renova así a confianza no actual portavoz municipal, poñendo en valor o conxunto do traballo desenvolvido durante o actual mandato co obxectivo de mudar a situación actual e mellorar as perspectivas de futuro de Ferrol.

Unha proposta política ambiciosa

O BNG preséntase como a organización política esencial para o futuro dunha cidade diferente e co obxectivo de transformar a sensación de resignación en esperanza. Con este fin presentará aos veciños e veciñas de Ferrol unha proposta política ambiciosa e realista que poña fin a acumulación de problemas que ten a nosa cidade, desde os máis pequenos aos de maior envergadura.

Romper coas inercias do pasado

Iván Rivas, candidato á alcaldía de Ferrol polo BNG, sinalou a relevancia actual do BNG no futuro de Ferrol como a forza capaz de presentar unha proposta alternativa que permita transformar Ferrol nunha cidade que mira cara adiante rompendo coas inercias do pasado.

Liderar a transformación da cidade

O BNG amósase convencido de ser a organización coas condicións necesarias para incrementar de maneira significativa a súa representación na vindeira corporación municipal e aspira a gañar a confianza de todas as persoas que ven no BNG a forza política capaz de liderar a transformación social, económica e urbana da cidade.

O BNG elixe a Iván Rivas candidato a alcaldía de Ferrol