O BNG propón no pleno medidas para facilitar o aparcamento na Graña

DSC_0108
Iván Rivas e Francisco González
Iván Rivas lembrou que esta problemática ven sendo exposta polos veciños e veciñas da Graña recentemente pero que é unha demanda que levan anos solicitando que se lles resolva. A situación é produto de moitas circunstancias: precariedade do transporte público e a necesidade dunha mobilidade cada vez máis elevada. 
O BNG propón no pleno medidas para facilitar o aparcamento na Graña

Ferrol 18 de outubro de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, compareceu esta mañá acompañado de Francisco González, membro da asociación veciñal “Rosalia de Castro” da Graña, para presentar a moción que levará ao pleno da corporación co fin de tentar resolver a falla de aparcamento nesta zona da cidade.

 

Iván Rivas lemnbrou que esta problemática ven sendo exposta polos veciños e veciñas da Graña recentemente pero que é unha demanda que levan anos solicitando que se lles resolva. A situación é produto de moitas circunstancias: precariedade do transporte público, a necesidade dunha mobilidade cada vez máis elevada. A proposta veciñal consiste en dotar algún espazo do barrio como aparcadoiro.

 

Se desenvolvemos esta iniciativa conseguiriamos liberar o actual espazo que existe nas edificacións, nas rúas estreitas produto da configuración urbana e arquitectónica deste espazo urbano. Mellorando a calidade urbana da Graña que xa de por si ten un alto valor patrimonial.

 

A iniciativa do BNG ten dúas propostas. A primeira pedirlle ao goberno local que inicie os trámites e o procedemento necesario para desenvolver un espazo de aparcadoiro no barrio da Graña, nas parcelas propostas pola entidade veciñal ou ben que promova unha nova alternativa que sexa capaz de resolver as demandas dos veciños e veciñas. Asi mesmo e sendo conscientes de que este proceso leva un tempo para a súa execución e plasmación o BNG cre que sería oportuno que por parte do goberno local se iniciasen os trámites para demandar do Ministerio de Defensa a posibilidade de acceder as súas instalacións e nun espazo acotado das mesmas que permita ocupar ese espazo co obxecto de acondicionalo como aparcadoiro para os veciños e veciñas deste barrio que tanta necesidade e tanta demanda teñen dunha dotación como esta.

 

Iván Rivas sinalou que este tipo de actuación deberiamos acompañala cunha mellora do transporte publico à graña o que suporía un avance substancial nas necesidades de comunicación desta zona da cidade.

 

Asi mesmo o BNG anunciou que vai participar en todas as accións ou propostas que se desenvolvan por parte dos veciños e veciñas par acadar o seu obxectivo.

 

Francisco Gonzalez

 

Francisco González, membro da asociación veciñal “Rosalia de Castro” da Graña lembrou que diante desta problemática a entidade veciñal ofreceu ao goberno local unha fincas privadas para ver se dalgunha maneira podían habilitarse como aparcadoiro.

A dia de hoxe nin o actual goberno municipal nin os anteriores fixeron nada neste sentido o que nos fai estar nun sinvivir posto que na Graña non temos onde aparcar os coches, xa que na práctica totalidade das rúas da Graña se pode aparcar, porque son rúas de doble vía, non dan o ancho entón así estamos e non nos fan ningún caso.

 

É por isto que decidimos convocar unha concentración de protesta o vindeiro día 27 de outubro ás 17 horas na entrada da Graña e estamos pensando en manter estas convocatorias até que se solucione dalgunha maneira este problema.

 

O BNG propón no pleno medidas para facilitar o aparcamento na Graña