O BNG censura ao goberno local pola tala das árbores na praza de Rosalía
Ferrol 13 de abril de 2026. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, censurou hoxe a decisión do goberno local de Rey Varela de talar a masa arborea existente na praza de Rosalia e lamentou que unha vez máis o Partido Popular opte pola eliminación das arbores existentes neste espazo no canto de conservalas.
Rivas advertiulle ao Alcalde da cidade que a vexetación e en concreto as arbores son hoxe un instrumento fundamental para o desenvolvemento das cidades sostibles e lembroulle, unha vez máis, que Ferrol ten un déficit significativo de vexetación nos seus núcleos urbanos
Para Rivas a eliminación das árbores que se atopaban na praza de Rosalía veñen a engrosar o listado do arboricidio perpetrado polo Partido Popular na nosa cidade sumándoas as talas realizadas no paseo de irmandiños. Para O BNG esta actuación supón un atentado medioambiental incomprensíbel que provoca sorpresa e indignación na maioría da veciñanza. Así mesmo lamentas que o goberno local non informara nin xustificara adecuadamente esta decisión.
Para Rivas este tipo de actuacións con solucións tan drásticas e sen tan sequer estudar a adaptación do proxecto para a conservación das árbores ou o traslado destes exemplares a outros puntos da cidade volven a facer saltar todas as alarmas en relación a como actúa o goberno local coa masa arborea da cidade.
O BNG considera que na urbanización desta zona, ou doutras da cidade, se se queren susbstituir os exemplares existentes por outro tipo de vexetación debería, primeiramente, contemplar o mantemento ou reubicación das arbores existentes antes de proceder a súa tala sen argumentos que xustifiquen esta acción.
Á vista de como actúa o goberno local nos seus proxectos urbanísticos, todo fai indicar que Rey Varela e a nova concelleira de Medio Ambiente, Blanca Garcia, asumen á máxima expresada por parte do concelleiro, José Tomé, nas que afirmaba que “los árboles son para estar en las praderas”.
É por isto que o BNG reafirmase na idea de que o que precisa Ferrol é unha adaptación dos seus espazos urbanos a aos novos estándares de deseño e polo tanto proxectos de urbanización que contemplen a vexetación como un elemento a preservar e valorar.