O BNG propón ao pleno de Ferrol que esixa aumentar o investimento previsto nos orzamentos do Estado para a nosa cidade
Ferrol 25 de novembro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defenderá na sesión plenaria de mañá unha moción que busca un compromiso dos grupos municipais da cidade para incluir nos Orzamentos do Estado para o vindeiro partidas específicas de investimentos para a nosa da cidade e o compromiso por parte destes grupos de defender estas propostas tamén no Congreso dos Deputados.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, emprazou ao alcalde da cidade, Angel Mato, a apoiar esta iniciativa que contempla 100 millóns de euros para a transformación de Navantia nun complexo industrial integral que teña a capacidade de actuar no ámbito da construción naval civil. Unha partida imprescindíbel para a modernización dos estaleiros que paralelamente debería levar asociada unha actuación tendente a inserir os estaleiros de Navantia no mercado mundial da construción naval civil.
Iván Rivas lembroulle a Mato que o pleno municipal é o foro adecuado para expoñer as iniciativas e as propostas de cada grupo político para saber se contan co respaldo da corporación ou non en vez de facer roldas de prensa. A iniciativa do BNG insta aos grupos con representación no Congreso dos Deputados a asumir tamén o compromiso de apoiar esta iniciativa en Madrid xa que se non continuariamos perpetuando o engano da dobre linguaxe dos partidos e alcaldes que din defender unha cousa aqqui e outra en madrid e insistiu en lembra que Navantia é unha empresa publica que se financia con fondos públicos, dependente do estado, e que conta a dirección da mesma depende directamente do goberno central.
O BNG ademais dos 100 millóns de euros para para a transformación de Navantia nun complexo industrial integral da construcción naval, inclue na súa iniciativa a partida de 1 millón en concepto de compensación á cidade de Ferrol pola ocupación de terreos de Defensa que pese a ser aprobada por unanimidade no pasado pleno municipal, ningun grupo, agás o BNG, defendeu esta proposta no Congreso.
Outras propostas son: 20 millóns de euros para iniciar os traballos de modernización da liña de ferrocarril Ferrol-A Coruña; 10 millóns de euros para a mellora e modernización da liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo; 1 millón de euros para o proxecto de limpeza, rexeneración e eliminación de barreiras da ría de Ferrol; 1 millón de euros para o proxecto de transformación do sistema de saneamento de Ferrol nunha rede separativa.