O BNG propón ampliar o estudo sobre a práctica deportiva para incluir o lecer e a saúde
Ferrol 22 de xuño de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera limitado o estudo sobre a caracterización da práctica de exercicio físico do deporte na nosa cidade que ven de inciar o goberno local e propón que ao mesmo se incorporen outros sectores vinculados coa práctica socio-deportiva na cidade máis alá dos clubs deportivos existentes en Ferrol.
María do Mar López, concelleira do BNG, sinala que este estudo non esta pensado para o desenvolvemento dun proxecto deportivo en concreto na cidade senón para marcar liñas de actuación no ámbito deportivo coa necesidade que ten a cidade de solucionar o grave deterioro das súas instalacións deportivas, algo que todo o mundo percibe sen ter que recorrer a ningún estudo.
María López sinala que o BNG avoga porque a ese estudo se incorporen outros sectores que polo xeral non están vinculados ao tecido asociativo deportivo e outros aspectos como a saúde ou mesmo o ocio.
O BNG quere que ao mesmo se incorpore como poden ser as mulleres, en relación a posibilidade de acceso a practica deportiva tendo en conta a conciliación ou necesidade de espazos seguros.
De igual xeito, debe terse en conta as persoas con enfermidades mentais polo que supón o deporte como unha mellora da saúde e pola posibilidade de socialización. O ensino ou o deporte nas escolas, tamén a sanidade en relación a rehabilitación de enfermidades crónicas, idosos e idosas.
Así mesmo, o BNG considera que o cronograma de desenvolvemento deste estudo, tal e como o ten presentado o goberno local, ten previsto realizar novos encontros e reunións no período estival e vacacional onde a actividade dos clubes e escolas deportivas ou é nula ou se atopan en competicións polo país adiante.