O BNG e o colectivo anti-OTAN de Ferrolterra presentan unha moción en contra do aumento dos gastos militares impostos pola OTAN
Ferrol 28 de xuño de 2022. O Bloque Nacionalista Galego acompañado de representantes do comité anti-OTAN de Ferrolterra, impulsores desta iniciativa, presentou esta mañá no concello de Ferrol a moción que se debatira no pleno municipal do mes de xuño no que piden que a corporación de Ferrol se posicione en contra do aumento dos gastos militares impostos pola OTAN e manifeste o seu posicionamento contrario á OTAN e á celebración da cimeira que se celebra en Madrid os días 29 e 30 de Xuño.
Iván Rivas, portavoz muncipal do BNG, indicou que se trata dunha moción de actualidade que non só ten que ver co que está acontecendo esta semana en Madrid senón que ten que ver coa realidade política a nivel mundial das ultimas decadas.
Esta moción pretende que por parte das administracións publicas e neste caso por parte da corporación municipal desta cidade, de Ferrol, se asuma un compromiso coa paz, se asuma un compromiso con destinar os recursos públicos a resolver os problemas da sociedade e por tanto rematar coa deriva que se ten inciado no caso do Estado Español desde case o seu ingreso na OTAN de destinar cada vez máis inxentes cantidades de recursos públicos a gasto militar.
Asi como a dinámica de pretender resolver os confictos e os problemas que existen, tanto a nivel interno como a nivel externo, a través de crear máis conflictividade, a través de comportamentos belicistas cando a solución esta no diálogo, na negociación, no acordo e está en asumir a paz e manter as relacions diplomáticas como mecanismo de resolución de problemas.
Ademais resulta dun comportamento cínico e hipócrita que nun contexto como o actual, despois de pasar a crise economica produto da crise finacieira do ano 2008, despois de pasar unha pandemia sanitaria como a da covid que xa derivou nunha nova crise económica, parece hipócrita e cínico que a prioridade do gasto público sexa incrementar o gasto militar e en concreto do caso español ate un 2% do Produto Interior Bruto.
É por isto que, con esta moción, buscamos que os grupos políticos desta cidade se comprometan con estes obxectivos e se reclame ao Goberno central que o incremento do gasto militar previsto se adique ás necesidades sociáis e nomeadamente a satisfacer as demandas que neste senso expoñen os Concellos de Galiza.