O BNG presentará unha moción para controlar as obras do túnel ao porto exterior e minimizar as molestias á veciñanza

20210217_111026
rolda de prensa do BNG e a A.V.V. de Brión
O BNG anunciou a presentación dunha moción ao pleno municipal no que levarán as reclamacións dos veciños e veciñas de Brión, entre as que figuran que cesen os traballos nocturnos, que os traballos que se desenvolvan durante o dia estean controlados e que se aclaren cales van ser as consecuencias que estas obras terán para os veciños e veciñas. 
O BNG presentará unha moción para controlar as obras do túnel ao porto exterior e minimizar as molestias á veciñanza

Ferrol 17 de febreiro de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, e José Oreona, presidente da A.V.V “Castelao” de Brión ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para reiterar as molestias que causan as obras do aceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol onde se seguen realizando traballos en horario nocturno e para demandar do concello de Ferrol que deixe de inibirse diante das demandas veciñais e cumpra coa súa obriga de inspeccionar e controlar o desenvolvemento destas obras.

Iván Rivas, portavoz do BNG, anunciou a presentación dunha moción ao pleno municipal no que levarán as reclamacións dos veciños e veciñas de Brión, entre as que figuran que cesen os traballos nocturnos, que os traballos que se desenvolvan durante o dia estean controlados e cales son as consecuencias que estas obras van ter para os veciños e veciñas. Así mesmo piden que o Goberno Local de Ferrol tome a decisión de asumir as funcions de control sobre as obras e facer cumprir a Autoridade Portuaria os requerimentos que se lle esixiron cando se desenvolveu o proxecto do acceso ferroviario ao porto exterior.

Iván Rivas referiuse à visita resalizada no dia de hoxe, a estas obras, por parte de representantes da Xunta de Galiza e da Autoridade Portuaria e preguntase se algunha destas institucións poden aclarar por que continuan a desenvolver os traballos en horario nocturno nas inmediacións de zonas poboadas como Brión ou proximamente na zona da Graña. Lembrou que na Declaración de Impacto Ambiental se recolle explicitamente que estas obras non se poden desenvolver en horario nocturno e que se deben respectar as horas de descanso dos veciños e das veciñas. Tamén preguntou se algún integrante do goberno municipal podería explicar porque o goberno municipal se inhibe das demandas dos veciños e veciñas que están a reclamar, simplemente, que se lles respecten os seus horarios de descanso.

Iván Rivas sinalou que non estamos a falar dun problema de carácter puntual, xa que estas circustancias e agravios de carácter medioambiental,como son os ruídos e as vibracións que provocan a execución destas obras, vanse prolongar no tempo. Polo tanto as administracións competentes deben actuar conforme ao que elas mesmas teñen recollido na súa documentación e nos requerimentos que se lles impoñen como a Declaración de Impacto Ambiental. Lembrou, asÍ mesmo, que no acceso ferroviario ao peirao exterior a opciónque se escolleu fora xa un trazado controvertido no seu momento polas afeccións que supuñan sobre a ría e a creación dunha nova barreira artificial aos que agora se lle engade que se saltan os mínimos requerimentos de protección ambiental e as afeccións de ruido e vibracións que afectan aos veciños e veciñas e en concreto sobre a veciñanza de Brión.

Jose Oreona

José Oreona presidente da entidade veciñal de Brión sinalou que os traballos en horario nocturno seguen desenvolvendose coas conseguintes molestias aos veciños eveciñas. Sinalou que se ben cesaron de facerse voaduras pola noite, continuan os traballos de desescombro cunha maquina que fai moito ruido. As voaduras duaraban uns segundos pero o ruido desta maquina dura sobre tres ou catro horas e causa unha molestia moito máis grande porque é un ruido continuo..

Desde a Asociación Veciñal rexistraron no concello un escrito pedindo que o goberno local tomara medidas e que a día de hoxe descoñece se o goberno municipal fixo algo xa que nin se puxeron en contacto con nós.

 

O BNG presentará unha moción para controlar as obras do túnel ao porto exterior e minimizar as molestias á veciñanza