O BNG condena os ataques a sede do PSOE en Ferrol

Desde o BNG censuramos da maneira máis rotunda e contundente posible os ataques acontecidos no día de onte contra a sede do Partido Socialista en Ferrol.
O BNG condena os ataques a sede do PSOE en Ferrol

Ferrol 8 de novembro de 2023. Diante do actual contexto e da situación política que se está a xerar no ámbito estatal e que está a ter consecuencias no ámbito local, desde o BNG de Ferrol consideramos que o actual comportamento tanto do Partido popular como de determinados estamentos xudiciais esta a vulnerar os principios democráticos máis básicos.

 

Posicionamentos públicos como o do CGPJ diante de leis que nin existen e que o poder político ten toda a lexitimidade para poder desenvolver como é a lei de amnistía ou a negativa do Partido Popular a aceitar maiorías parlamentarias que non son a súa están a provocar actitudes e comportamentos intolerables como os acontecidos, no día de onte, contra a sede do Partido Socialista en Ferrol e que desde o BNG censuramos da maneira máis rotunda e contundente posible.

 

 

O BNG condena os ataques a sede do PSOE en Ferrol