O BNG pide unha nova proposta de rutas de autobús diante do peche das Pías

_DSC7693
Iván Rivas
Para o BNG a decisión de eliminar todas a paradas urbanas dos autobuses que unen Ferrol con Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago e Vigo significa unha perda na calidade do servizo. 
O BNG pide unha nova proposta de rutas de autobús diante do peche das Pías

Ferrol 4 abril de 2023. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG e candidato a alcaldía de Ferrol, demandou esta mañá unha nova proposta de paradas para os usuarios e usuarias do transporte público afectado polas obras de urbanización das Pías que non discrimine á ninguén e facilite o uso do mesmo aos veciños e veciñas de Ferrol.

Para o BNG a decisión de eliminar todas a paradas urbanas dos autobuses que unen Ferrol con Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago e Vigo significa unha perda na calidade do servizo e suporá, así mesmo, unha redución importante de usuarios e usuarias que buscarán vías alternativas de desprazamento. Ista medida só pode considerarse un despropósito pensada para que a xente non colla o autobús.

O BNG considera que esta situación é froito da falla de planificación do Ministerio de Transportes e do concello de Ferrol igual que o é o feito de que pechen por completo à circulación a avenida das Pías durante máis dun ano. Cómpre lembrar que o Ministerio executa obras de máis complexidade que esta noutras zonas do noso país sen cortar por completo a circulación de tales vías, como podería ser o caso da ampliación da avenida de Alfonso Molina na Coruña.

Iván Rivas aposta por reconsdiderar esta situación e buscar unha alternativa aos veciños e veciñas de zonas como Caranza, Ultramar ou o Bertón entre outras que acudían as paradas das Pías para coller os autobuses. Cómpre lembrar asi mesmo que estes servizos son os que utilizan moitas persoas principalmente para acudir ao traballo ou as citas médicas à cidade da Coruña.

O BNG considera que existen alternativas á decisión de suprimir estas paradas, pero que faltou a vontade do concello, do Ministerio e da Xunta por escoitar as usuarias e usuarios do transporte público. 

O BNG pide unha nova proposta de rutas de autobús diante do peche das Pías