O BNG presenta unha moción esixindo a mellora das conexións ferroviarias na cidade

20220117_083335
Viaxe reivindicativa pola mellora da liña Ferrol-A Coruña
Iván Rivas, portavoz nacionalista,indicou que a mellora dos servizos ferroviarioé un dos principais retos que ten a cidade, ademais de que é un servizo fundamental para vertebrar o territorio de Ferrol coa comarca e co país e para o desenvolvemento económico da cidade. 
O BNG presenta unha moción esixindo a mellora das conexións ferroviarias na cidade

Ferrol 21 de febreiro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, presentou esta mañá unha moción en relación coa situación na que se atopan os servizos ferroviarios en Ferrol e a necesidade da súa modernización co obxectivo de demandar do goberno do estado a execución inmediata de investimentos para a súa adecuación.

Iván Rivas, portavoz nacionalista,indicou que a mellora dos servizos ferroviarioé un dos principais retos que ten a cidade, ademais de que é un servizo fundamental para vertebrar o territorio de Ferrol coa comarca e co país e para o desenvolvemento económico da cidade. Para isto contar cunhas infraestruturas de transporte ferroviarias que o faciliten é básico.

Na súa iniciativa o BNG demanda a execución, a curto prazo, do by-pass en Betanzos Infesta para facer posíbel que a duración da viaxe non exceda de 1 hora, e a medio prazo, a modernización da infraestrutura, con dupla vía, electrificación e eliminación de curvas. Para isto reclama ao goberno central a execuciódun investimento de 30 millóns de euros na mellora e modernización da liña Ferrol- A Coruña. Así mesmo o BNG tamén reclama do Goberno o incremento dos servizos e frecuencias na liña Ferrol-A Coruña.

Iván Rivas insistiu en que da actual situación de illamento ferroviario só sairemos se somos capaces de criar ncidade unha demanda social suficiente que faga reaxir aos responsábeis políticos desta situación: o goberno do Estado e a Xunta de Galiza.

O BNG inclúe na súa proposta, tamén, demandar do Estado as transferencias en materia de ferrocarril interior, xunto cun financiamento axeitado, co obxectivo de crear unha compañía pública ferroviaria galega que mellore a prestación deste servizo no noso país e permita acometer as infraestruturas e desenvolver os servizos de transporte ferroviario na Galiza que contribúan a vertebración económica, social e territorial do país.

O BNG presenta unha moción esixindo a mellora das conexións ferroviarias na cidade