O BNG acusa a Mato de avalar a estafa de ACUAES á veciñanza de Ferrol

Iván Rivas
Iván Rivas
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, acusou ao alcalde da cidade Angel Mato de saltarse todos os procedementos de control para a xestión do diñeiro público e querer aboar unhas facturas remitidas ao concello pola empresa pública ACUAES que ningún órgano municipal aprobou.
O BNG acusa a Mato de avalar a estafa de ACUAES á veciñanza de Ferrol

Ferrol 21 de febreiro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol advertiu da estafa que o goberno local e o Partido Popular pretenden perpetrar de novo, e pola porta de atrás, contra os veciños e veciñas desta cidade en relación aos pagos a efectuar ao goberno do estado pola xestión da rede de saneamento.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, acusou ao alcalde da cidade Angel Mato de saltarse todos os procedementos de control para a xestión do diñeiro público e querer aboar unhas facturas remitidas ao concello pola empresa pública ACUAES que ningún órgano municipal aprobou.

 

No día de hoxe o PSOE, pola vía de urxencia levou á comisión de urbanismo a aprobación do compromiso de gasto para aboar a ACUAES as facturas que reclama pola xestión dos interceptores, dos anos, 2019, 2020 e parte do 2021 sen que exista ningún contrato ou convenio que avale este gasto.

 

Hai que lembrar que a empresa ACUAES entregou unhas obras declaradas de interese xeral dous anos despois da data prevista para a súa finalización e que pretende imputarnos os sobre custos derivados destes atrasos as veciñas e veciños de Ferrol que pasarán de pagar o 10% ao 25%, dunhas obras que debera asumir o estado, de formalizarse esta demanda. Ademais ACUAES decidiu privatizar a xestión dos interceptores para entregarllos a Viaqua sen que o concello de Ferrol tivese tomado nin teña tomado ningún acordo a ese respecto.

 

Iván Rivas, considera gravísimo que o Alcalde desta cidade se salte todos os procedementos de control para a xestión do diñeiro público para pagarlle ao Estado os impostos destas facturas sen esixir a máis mínima responsabilidade polos atrasos na execución destas obras e na súa xestión, sen que exista como mínimo un acordo plenario que o avale e sobre todo salvagardando, unha vez máis, os intereses do Estado e de empresas xestoras implicadas na desastrosa xestión do sistema de depuración desta cidade a costa dos recursos e intereses económicos da veciñanza de Ferrol que, unha vez máis voltan, a ficar nun segundo plano.

O BNG acusa a Mato de avalar a estafa de ACUAES á veciñanza de Ferrol