O BNG presenta unha moción en defensa do sector percebeiro da cidade.

O BNG e representantes do sector do percebe
O BNG e representantes do sector do percebe
Iván Rivas, indicou que cómpre poñer unha solución a un problema, o da extracción da mexilla sen control, que esta a poñer en risco a actividade do sector percebeiro que actualmente ocupa a unhas 100 persoas da confraría de Ferrol.
O BNG presenta unha moción en defensa do sector percebeiro da cidade.

Ferrol, 20 de maio de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou esta mañá acompañado de representantes da confraría de pescadores de Ferrol unha iniciativa que será debatida no pleno municipal co fin de esixir á consellería do Mar a regularización da actividade de extracción da mexilla co fin de compatibilizar esta actividade coa da extracción do percebe nas costas de Ferrolterra.

Iván Rivas, portavoz Municipal do BNG en Ferrol, acompañado de representantes da confraría de Ferrol, como Isabel Maroño, patroa maior, e representantes do sector percebeiro, compareceron en rolda de prensa para explicar a problemática que está a padecer o sector percebeiro en Ferrol e que está a causar importantes danos nestes bancos marisqueiros.

Iván Rivas, indicou que cómpre poñer unha solución a un problema, o da extracción da mexilla sen control, que esta a poñer en risco a actividade do sector percebeiro que actualmente ocupa a unhas 100 persoas da confraría de Ferrol que traballan na zona que vai desde o Porto exterior de Ferrol no cabo Prioriño até o Faro de Meirás.

A problemática deste sector reside na posición da Xunta de Galiza respecto do que se coñece como o “conflito da mexilla”, un conflito que xurde ao coincidir a extracción da semente de mexillón coa captura ou extracción do percebe nas mesmas zonas.

Iván Rivas defendeu que se debe buscar a compatibilidade destes dous procesos. Instou as administración públicas , tanto a Xunta de Galiza como o Concello de Ferrol, a enfrontar esta realidade. A Xunta debe velar por estabelecer medidas de veda co fin de permitir a rexeneración natural destas zonas e o concello de Ferrol deber velar polos intereses dos e das súas veciñas e veciños.

Isabel Maroño, Patroa maior da confraria de Ferrol

Isabel Maroño, Patroa maior da confraría de Ferrol, en representación do sector do percebe, defendeu que os percebeiros de Ferrol queren que se estabelezan medidas que permitan compatibilizar as dúas actividades extractivas. Defendeu que os percebeiros de Ferrol non son delincuentes e desmarcouse dos actos vandálicos que se lles quixo achacar.

Indicou que o problema radica en que a Consellería do mar vedou zonas nas rias baixas para a extracción da mexilla por parte dos bateeiros e a zona de Ferrol é unha zona libre para esta actividade sen ningún tipo de medida de control, polo que se pode vir cando queira. Os percebeiros non queren ser eles os que extraigan a mexilla, queren que o sigan facendo os bateeiros, o que hai que facer é compatibilizar as actividades e que a recollida da mexilla non dane os bancos de perecebes da zona.

Afirmou que o que non pode ser é que Ferrol teña vedada unha zona de extracción de percebe por épocas do ano, estar coidando esas zona para deixar medrar os percebes, que teñan un bon tamaño e que veñan a pola mexilla sen facer ningún tipo de distinción, entrando nas pedras e arrasando con todo o que esta fixado nelas. O malestar nonven porque creamos que os bateeiros de extraigan percebe pero si que o percebe ten momentos de reprodución e a recoller a mexilla deixan as pedras limpas impedindo que medre ou que se fixen as larvas de percebe nas rochas.

A Confraría de Ferrol pediu que se estabelezan puntos de control para a extracción da mexilla, que na actualidad non existe ningún tipo de control, nin sobre sobre as cantidades, tamaños nin nada. Pediu que se que se estabelezan puntos de control, como acontece co percebe ou outras especies, para saber canta mexilla se extrae na zona e en que condicións.

Felix Cerqueira, Biólogo da confraría

Indicou que é preciso ter un control e saber que cantidade de mexilla se extrae, e lle perece sangrante que a Consellería recoñeza que non ten información fiable da cantidade de quilos que se extraen nin de que zonas saen.

Este ano, nesta zona, padecemos un efecto chamada sobre o noso tramo de costa que xerou malestar dos percebeiros pola intensidade extractiva de mexilla deste ano. Ademais ao extraer a meilla se está a arrasar toda a comunidade, toda a fauna e flora que vive nas rochas, absolutamente toda, e lembrou que o protocolo de extracción de mexilla recomenda limpar por completo a superficie porque o que se busca é que so medre mexilla e iso desde un punto de vista medioambiental é unha autentica atrocidade.

Defendeu que se debe camiñar cara a que a provisión de semente que precisan os beteeiros non sexa extraida medio natural, a día de hoxe existen os médios técnicos para que a semente de mexillón se reproduza especificamente para a súa cría en bateas ou contentores e que non haxa que recorrer sempre ao medio natural.


 

O BNG presenta unha moción en defensa do sector percebeiro da cidade.