O BNG apoia baixar o IVE dos salóns de peiteado, barbería e estética do 21% actual ao 10%.

Iván Rivas e representantes da plataforma de perruquerías na comarca.
Iván Rivas e representantes da plataforma de perruquerías na comarca.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, anunciou que o BNG vai presentar unha moción ao pleno municipal coas demandas deste colectivo, unha reivindicación que o consideramos xusta para que o concello apoie a rebaixa do Ive.
O BNG apoia baixar o IVE dos salóns de peiteado, barbería e estética do 21% actual ao 10%.

Ferrol 30 de maio de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta mañá un encontro con representantes do sector da perruquería na nosa comarca para abordar xunto a elas a demanda de baixar o tipo impositivo dos salóns de peiteado, barbería e estética de 21% actual a 10%.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, anunciou que o BNG vai presentar unha moción ao pleno municipal coas demandas deste colectivo, unha reivindicación que o consideramos xusta para que o concello apoie a rebaixa do Ive.

O BNG lembra que en setembro de 2012, en plena crise económica, o Goberno do Partido Popular aprobou unha suba do IVE para algunhas actividades do 8 a 21%, de modo que os salóns de peiteado e estética tiveron que facer fronte a un incremento de 13 puntos dun día para outro. Esta suba do IVE neste sector ía ser temporal, pero mentres outras actividades viron cumprido o compromiso e xa teñen de novo o IVE en 10%, os salóns de peiteado, barberías e estéticas continúan a padecer o tipo máis alto do imposto.

Iván Rivas, sinalou que o BNG leva tempo desenvolvendo iniciativas tanto no Congreso como nos concellos para que esta mudanza sexa unha realidade e se baixe o IVE a 10%

Así mesmo, o BNG, se ben é certo que foi PP quen decidiu subir ao 21% o IVE que soportan os salóns de peiteados, O PSOE e Unidas Podemos prometeron na oposición que restituirían o IVE reducido sen que se fixeron até agora e votaron en contra de todas as propostas que realizamos para reverter esta situación.

 

O BNG apoia baixar o IVE dos salóns de peiteado, barbería e estética do 21% actual ao 10%.