O BNG pide que o pleno de Ferrol apoie à petición de indulto a Pintos
Ferrol 19 de maio de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere que o pleno municipal se sume á petición de indulto da Xesús López Pintos e apoie á convocatoria de manifestación convocada na nosa cidade para este fin como forma de amosarlle a solidariedade do conxunto de veciños e veciñas de Ferrol.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, quixo manifestar esta mañá a solidariedade de todo o BNG con Pintos, unha persoa de firme compromiso na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e anunciou a presentación dunha moción para que sexa incluida na orde do día do vindeiro pleno municipal.
O BNG, na iniciativa que defenderá no pleno do vindeiro xoves, solicita que o concello se dirixa ao Goberno do Estado a fin de solicitarlle con carácter inmediato que o Consello de Ministros acorde a concesión da medida de graza de indulto a López Pintos. Asi mesmo que inste ao Goberno Galego a que tamén solicite do Goberno do Estado esta medida.
O BNG considera que presentar esta inciativa é case unha obriga ademáis de serve para saldar unha débeda que o pleno de Ferrol ten con Pintos. Cómpre lembrar que foi en Ferrol onde aconteceron os feitos que motivaron esta condea, unha cidade castigada por un proceso constante de desmantelamento industrial e a causa del cunha longa historia de loita sindical polos dereitos dos traballadores e traballadoras e foi onde o Alcalde da cidade decidiu unilateralmente retirar do pleno unha moción de apoio ao sindicalista López Pintos, días antes de ser xulgado.
O BNG indica que o cumprimento efectivo da pena de prisión xeraria un enorme sufrimento en López pintos e a súa familia, que é francamente innecesario, máxime cando a día de hoxe leva xa tempo en situación de xubilación e os feitos ocorreron hai case dez anos.