O BNG presenta alegacións a uns Orzamentos do Estado que discriminan a Galiza e a nosa comarca.

DSC_0002
DSC_0002
O BNG presentou enmendas valoradas en cerca170 millóns de euros para a comarca de Ferrolterra, entre as que destacan os 100 millóns para a transformación de Navantia nun complexo industrial integral que teña a capacidade de actuar no ámbito da cosntrucción naval civil, Unha compensación á cidade de Ferrol pola ocupación de terreos polo Ministerio de Defensa, a rexeneración da ría, a transformación da rede de saneamento de Ferrol nun sistema separativo ou a mellora da liña ferrea que une Ferrol con  A Coruña e con Ribadeo.
O BNG presenta alegacións a uns Orzamentos do Estado que discriminan a Galiza e a nosa comarca.

Ferrol 20 de novembro de 2020.O Bloque Nacionalista Galego compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta das enmendas que presentou aos orzamentos xerais do estado no que teñen que ver coa cidade e coa comarca de Ferrol nun acto no que estivo presente o deputado Néstror Rego acopañado do portavoz municipal do BNG na cidede de Ferrol, Iván Rivas, da responsábel comarcal, Mercedes Tobio, e de alcaldes e portavoces municipais dos concellos da nosa comarca.

Néstor Rego, indicou que o BNG emendou estes orzamentos porque considera que os mesmos no que teñen de investimento territorializado na Galiza non son suficientes e representan unha clara discriminación para o noso país.

Indicou e lembrou que o BNG tamén presentou unha emenda a totalidade, precisamente, para cuestionar a caida no investimento en Galiza. Unha caida do investimento que consideramos inxusta e inxustificada ademais de discriminatoria porque en canto os orzamentos xerais do estado soben globalmente mais dun 19%, o capitulo de investimentos territorializados sobe un 68”% en relacion ao ano 2018 o investimento na Galiza cae máis do 11%. Iste último dado non se xustifica por que falten recursos senón porque están mal repartidos e mal destinados.

Desde o BNG nos parece que no caso de Galiza é necesario non só compensar a débeda histórica en investimentos e infraestruturas senón que cumpre tamén atender necesidades moi urxentes e o problema é que non se fai nin unha cousa nin outra.

Rego indicou que non se xustifica de ningunha maneira a discriminación co noso pais e lembrou que xa no acordo de investidura o BNG fixara como unha prioridade a modernización da rede de ferrocarril interna do noso país como a de Ferrol-A Coruña, o Bay pass de Betanzos e a liña de Feve, Ferrol-Ribadeo, que podería funcionar como unha liña de cercanías pero que non consegue facelo pola falta de investimentos.

Tamén indicou que un dos obxectivos do BNG era que os orzamentos deben servir para o desenvolvimento e a transformación de Navantia nun complexo integral da construcion naval ou que haxa recursos e infraestruturas necesarias para unha transición xusta no caso das Pontes. O BNG pretende que estes orzamentos sirvan para que esta cidade e esta comarca teñan a oportunidade de recuperar a capacidade económica de xerar emprego de xerar benestar.

Rego indicou que o BNG vai traballar ao longo das próximas semanas para que o maior número posible de enmendas poida ser incluidas nos orzamentos. A nosa aspiración é poder votar a favor dos orzamentos porque significaría que as necesidades de Galiza estarían recollidas pero coa mesma contundencia advertiu que se o goberno, se o PSOE e Podemos, non se moven da súa posición e se empeñan en discriminar a Galiza non terán o apoio do BNG por que en ningun momento o BNG vai colaborar nuns orzamentos que perxudiquen e que discriminen ao noso país. E situou o obxectivo do BNG é sobrepasar os 1000 millóns de euros para defender os intereses de Galiza.

O BNG sinala en cerca170 millóns de euros as emendas presentadas para a comarca de Ferrol entre as que a máis destacábel é unha de 100 millóns de euros para a transformación de Navantia nun complexo industrial integral que teña a capacidade de actuar no ámbito da cosntrucción naval civil esa partida é imprescindíbel para a modernización dos estaleiros pero sabemos que é un investimento importante pero que pode ser moi rendíbel se paralelamente hai unha actuación tendente a inserir os estaleiros de Navantia no mercado mundial da construcción naval civil.

Ivan Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, fixo un repaso por todas estas enmendas que o pretenden fundamentalmente é propoñer unha cidade con futuro un futuro digno e que se basee nas capacidades que temos nós para poder desenvolvernos e indicou que é hora de mudar a indidferencia que hai respecto das infraestruturas ferroviarias e a situación de Navantia que xa é unha evidencia que temos que reorientar estes estaleiros cara a construccion naval civil.

En canto a Situación da ría de Ferrol, indicou que nestes orzamentos Acuaes desapareceu, igual que desaparceron os investimentos que habia para desenvolver o saneamento da ría de Ferrol. Agora ben, Ferrol segue pagando estas obras. O BNG proṕon unha partida para acometer a trasnformación da rede de saneamento de Ferrol cara un sistema de saneamento que sexa sostible economica e medioambientalmente mediante a trasnformación desa rede unitaria nunha rede separativa. E todo isto obviamente terá que ter en conta que nesta comarca e nesta cidade hai un sector que leva anos sufrindo a indolencia da administración estatal respecto dos fondos da ría de Ferrol. Uns fondos que levan acumulado fondos e residuos todos estes anos, como os famosos dos restos das Pías e diante o cal nin a Xunta nin a administración central teñen nunca asumido a decisión de asumir estes traballos que son básicos se queremos asumir dunha vez potenciar esta riqueza medioambiental e económica que é a ría de Ferrol polo que se propón 1 millón para a rexerenaración da ría de Ferrol.

O BNG pide tamén 1 millón de euros para estabelecer unha compensacion á cidade de Ferrol pola ocupación d máis do 20% de solo por parte do Ministerio de Defensa xa que é evidente que nesta cidade non todos somos iguais pois o estado non paga impostos en Ferrol. Hai que lembrar que se aprobou, por unanimiade, unha moción presentada polo BNG no concello de Ferrol pedindo esta compensación pero só o BNG presenta esta proposta para que se incluan neles.

Hai partidas para o Ferrocarril con partidas que permitirián comezar os traballos coa licitación dos proxectos, cunha partida de 10 millóns de euros para a modernización da liña Ferrol-A Coruña e hai outra partida de 10 millóns de euros para o bay-pass de Betanzos.

Os nacionalistas incluen 10 millóns para modernizar a liña de Feve, 10 millóns de euros para un proxecto de centro de almacenamento de enerxia na vila das Pontes e 25 millóns para un ecoparque empresarial nesta mesma vila.

E sinalou que no BNG hai unha preocupación polo patrimonio, polo estado no que está e pola súa recuperación e propoñen partidas para a recuperación do castelo de Narahío, para recuperar o Mosteiro de Santa Catalina ademais proxectos de recuperación medioambiental como é o mantemento dos taludes costeiros de Chamoso no concello de Cabanas.

O BNG presenta alegacións a uns Orzamentos do Estado que discriminan a Galiza e a nosa comarca.