O BNG cualifica de "Tomadura de Pelo" para Ferrol os orzamentos da Xunta para 2021

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG
O BNG cualifica de "Tomadura de Pelo" para Ferrol os orzamentos da Xunta para 2021

COMUNICADO DE PRENSA

O BNG CUALIFICA DE “TOMADURA DE PELO” PARA A CIDADE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2021

Ferrol 23 de novembro de 2020. O BNG de Ferrol califica os orzamentos da Xunta para este 2021 como unha tomadura de pelo dado que no mellor dos casos os investimentos que se consignan son os mesmos que se repiten ano tras ano e que nunca se executan.

Para o BNG boa proba disto é que o orzamento previsto para a estación intermodal é ridículo dado que estamos a falar de 20.000 euros que en comparación co previsto par o resto de cidades ( A Coruña 4,5M/ Pontevedra 2M/ Santiago 1,5M/ Vigo 9,5M/ Lugo 1,5M/ Ourense 2M) demostra a nula intención en mellorar a mobilidade por parte da xunta na cidade. Así mentres a Xunta destina 1 millón para a renovación de paradas, en Ferrol temos pagalas os veciños e veciñas produto da sinatura do Plan de transporte metropolitano.

O BNG sinala que o orzamento desta consellería é tan pouco creible que dos 46 millóns previstos de investimento, 20 M. correspóndense coa previsión de dotación do plan de reconstrucción da UE.

O BNG sinala que con respecto a ría non existe un só euro previsto para desenvolver o estudo que reclaman as confrarías sobre os fondos da ría e que permitiría acometer a súa rexeneración. Non está contemplada a súa execución nin por parte da Consellería de Pesca nin por parte da empresa a quen lle correspodería desenvolver este estudo, o Instituto Tecnolóxico para o Medio Mariño.

En relación coa rehabilitación, o BNG destaca que o plan rexurbe destina 5M de euros para toda a provincia de A Coruña e para a cidade de Ferrol supón unha dimunción de fondos tan acusada que implica tal e como se recolle no convenio, aprobado polo resto de grupos políticos no pleno do 12 de novembro de 2020, pasar dos 4,43M previstos no anterior convenio aos excasamente 322.750 euros do actual e destinados exclusivamente á rehabilitación de o barrio de A Magdalena e Ferrol Vello, quedando fora de toda aportación económica por parte da Xunta, Recimil, A Graña, ou Esteiro.

En canto a Conselleria de Sanidade o BNG sinala que a dotación prevista para o desenvolvemento do plan director do CHUF estase a convertir nun clásico nos orzamentos da Xunta que nunca se executan pese a que se repite ano tras ano e o PP considerao, ano tras ano, como o gran investimento na cidade.

Fora deste proxecto eterno non hai nada para centros de saúde, residencias de maiores ou escolas infantis.

Xa por último, o BNG destaca que os 10.000 euros previstos para o saneamento no rural, por Augas de Galicia, demostran que o compromiso da Xunta nesta materia é mínimo e limítase ás obras da Malata con 0,79M de euros das que seguen excluídas o Río Sardiña, que aparece incluído nun convenio con 250.000 euros do que descoñecemos as súas cláusulas. Ademais que seguen sen ninugunha intención de reducir os custes medioambientais e conómicos da súa xestión mediante transformación deste sistema de saneamento nunha rede separativa.

O BNG cualifica de "Tomadura de Pelo" para Ferrol os orzamentos da Xunta para 2021