O BNG pide a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento para os hosteleiros e autonomos afectados polas restriccions

O BNG considera urxente que desde o goberno local se decrete de maneira inmediata a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento como se fixo no mes de marzo. Hai locais que están pechados e se lles segue cobrando estas taxas como se estiveran a pleno funcionamento o que se ten convertido nunha auténtica lousa económica para os propietarios destes estabelecementos.
O BNG pide a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento para os hosteleiros e autonomos afectados polas restriccions

Ferrol 16 de novembro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo esta mañá unha reunión con representantes do colectivo de Hostaleiros/as e autónomos/as de Ferrolterra afectadas polas restricións nas súas actividades derivadas da crise sanitaria da covid e na que avaliaron a situación actual na que se atopan e as medidas de apoio que precisan, que pasan primeiramente por unha exención das taxas municipais pola falta de actividade.

 

O BNG considera e así lles trasladou que as axudas aos sectores afectados polas restricións e peches derivados da crise deben ser directas Así mesmo, é urxente que desde o goberno local se decrete de maneira inmediata a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento como se fixo no mes de marzo. Hai locais que están pechados e se lles segue cobrando estas taxas como se estiveran a pleno funcionamento o que se ten convertido nunha auténtica lousa económica para os propietarios destes estabelecementos.

 

O BNG tamén aposta por estabelecer axudas directas para axudas ao aluguer ou para compensar a perda de facturación. Así mesmo e de cara ao vindeiro ano cómpre modificar as ordenanzas de lixo, auga e saneamento para que as bonificacións afecten aos que máis o precisan e aplicar exencións fiscais en función da realidade na que os locais poidan traballar.

 

Neste encontro tamén se abordaron outro tipo de iniciativas como a creación dunha bolsa de baixos baleiros, a peonalización do casco histórico da cidade, a ordenanza de terrazas e medidas de impulso de cara ao sector cultural e artístico na cidade.

O BNG pide a suspensión das taxas de auga, lixo e saneamento para os hosteleiros e autonomos afectados polas restriccions