O BNG demanda á Xunta melloras na residencia de maiores de Caranza

O BNG demanda á Xunta melloras na residencia de maiores de Caranza

 

Ferrol, 31 Maio 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, presentou unha pregunta no parlamento galego para demandar a Consellería de Benestar a mellora da residencia mixta de maiores de Caranza e o aumento das prazas para asistidos/as tal e como ven demandando o Comité de Empresa.

En concreto, a iniciativa do BNG pregunta se a Conselleria de Benestar ten previsto realizar novos investimentos paramellorar as instalacións da residencia de maiores de caranza, e se ten previsto habilitar unha nova planta para os/as residentes asistidos/as.

Explican as Deputadas do BNG que a Residencia Mixta de Maiores de Ferrol ten na actualidade unha capacidade de 191 residentes-as dos cales 47 son asistidos e o resto válidos. O edificio consta de sete plantas máis planta baixo e soto. Unha das sete plantas está destinada a asistidos-as con 33 residentes-as valorados como tal, hai outra planta que lle da aloxamento a outros 11 internos tamén asistidos, máis unha área destinada a enfermería para coidados esporádicos para os internos que así o precisen ubicada no mesmo andar.

A ocupación real a día de hoxe é de 175 residentes-as válidos e 45 asistidos-as. Existen pois, valeiras 16 prazas máis 2 de estancia temporal.

Asi mesmo dan conta que na actualidade, e debido ao seu proceso lóxico de envellecemento as actitudes tanto físicas coma cognitivas dos usuarios-as baremados coma válidos están a experimentar unha grande degradación cun proceso que supón que deixen de facer tarefas propias da súa vida diaria por si mesmos, coma aseo persoal, continencia urinaria ou simplemente orientación fisico espacial dentro das dependencias da Residencia. Un dato a ter en conta é que 20 dos residentes válidos precisan duchas que veñen facendo o persoal de enfermaría.

Na anterior lexislatura o goberno tiña pensado acometer una serie de obras maiores no edificio que quedaron truncadas pola actual situación económica que estamos a sufrir.

O BNG faise eco das demandas dos traballadores e traballadoras e considera urxente e necesario que unha das cinco plantas actuais para válidos se transforme en planta para asistidos. Acometendo una serie de obras menores imprescindíbeis, co fin de darlle a calidade asistencial que os nosos anciáns merecen, e non causarlles o desarraigo que podería supor o traslado a outra residencia.

Desde o BNG non temos máis que criticar os recortes en políticas sociais por parte da Xunta de Galiza

O BNG demanda á Xunta melloras na residencia de maiores de Caranza