O BNG pide a Mato que aproveite as súas reunións co goberno central para exixir unha solución para a cidade

Iván Rivas e María López
Iván Rivas e María López
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, esixe ao Alcalde desta cidade que actue como tal e se preocupe máis por esixirlle ao estado a diversificación do ámbito de actuación dos estaleiros da ría para extendelo à construción naval civil que por seguir manténdonos circusncritos en exclusiva ás directrices do Ministerio de defensa e ao monocultivo da construción naval militar.
O BNG pide a Mato que aproveite as súas reunións co goberno central para exixir unha solución para a cidade

Ferrol 6 de xullo de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera o encontro entre o Alcalde da cidade e a Secretaria de Estado de Defensa unha nova oportunidade perdida para que Angel Mato, por unha vez, esixira a un alto cargo do goberno do estado solucións concretas aos principais problemas que ten a cidade e o seu principal sector produtivo.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, esixe ao Alcalde desta cidade que actue como tal e se preocupe máis por esixirlle ao estado a diversificación do ámbito de actuación dos estaleiros da ría para extendelo à construción naval civil que por seguir manténdonos circusncritos en exclusiva ás directrices do Ministerio de defensa e ao monocultivo da construción naval militar.

 

O BNG lembra que se Ferrol está como está, industrialmente, é produto do confinamento dos estaleiros da ría ao gueto da construción naval militar e que o futuro da cidade pasa por abrir mercados á construción naval civil. Así mesmo, o suposto apoio que o goberno central ofrece ás demandas publicitadas por Angel Mato na reunión de onte é igual que recibir unha palmada nas costas xa que non levan aparellado ningún acordo nin compromiso real.

 

Ademais para o portavoz nacionalista, o Alcalde da cidade debería aproveitar este tipo de encontros cos responsábeis directos de algúns dos problemas máis importantes que ten a cidade tanto no ámbito económico como no urbanístico para avanzar na súa resolución.

 

Iván Rivas, portavoz nacionalista no concello de Ferrol, lembra, tamén, que nesta reunión o Alcalde da cidade volveu a esquecer poñer enriba da mesa a demanda de solucionar a falla de ingresos do concello debido á negativa do Ministerio de Defensa ao pago de tributos municipais, os incumprimentos das obrigas deste Ministerio á hora de manter en bo estado as múltiples propiedades que en estado de abandono ten na nosa cidade ou a masiva ocupación de solo urbano do Ministerio na cidade.

O BNG pide a Mato que aproveite as súas reunións co goberno central para exixir unha solución para a cidade