O BNG propón melloras nas bases das subvencións as entidades veciñais de Ferrol

María do Mar López
María do Mar López

Maria López, concelleira do BNG, lembrou que o BNG presentou a finais da semana ao goberno local varias propostas para modificar e mellorar estas bases, co obxecto de que as entidades veciñais vexan atendidas as súas necesidades.

O BNG propón melloras nas bases das subvencións as entidades veciñais de Ferrol

Ferrol 18 de xullo de 2022.O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defendeu esta mañá na comisión de Participación cidadá a necesidade de mellorar as bases reguladoras para a concesión de subvencións as entidades veciñais da cidade co obxecto de acadar unha maior equidade e transparencia na concesión das mesmas.

 

Maria López, concelleira do BNG, lembrou que o BNG presentou a finais da semana ao goberno local varias propostas para modificar e mellorar estas bases, co obxecto de que as entidades veciñais vexan atendidas as súas necesidades.

 

O BNG lembra que estas subvecións son unha das escasas liñas de subvencións que existen de concorrencia competitiva no concello, unhas subvencións de concorrencia onde se respecta a equidade e non son unha valoración subxectiva nin onde non se necesite unha xustificación especifica para facelo e non o simple feito de xa tela recibido con anterioridade.

 

María López explicou que as aportacións do BNG van no senso de buscar unha maior equidade no reparto dos 100.000 € que o concello adica a estas subvencións. Indicou que as subvencións dividense en dúas liñas, unha liña 1 para actividades e outra liña 2 para mantemento, estando esta útima supeditada a ter que participar da liña 1 polo que o BNG propuxo que se puidera solicitar subvencións para calquera das liñas independientemente sen estar supeditadas unha a outra.

 

O BNG sinala que existen entidades veciñais que carecen dun espazo onde poder desenvolver actividades o que as excluiria de poder optar a calquera subvención municipal. O BNG entende que de permanecer as bases inalterábeis pode haber algunha entidade veciñal que siga a ter que por do seu peto calquer gasto que vaia non senso de facer comunidade e entablar relacións entre dita vecindade.

 

Outra achega que fai o BNG é a reivindicación histórica dalgunha entidade que ten un local en aluguer e o pago dese aluguer faise como un mantemento normal, como a adquisición de xel hidroalcolico ou a merca de papel. E como tal só se subvenciona o 80% dese aluguer e non se pode adicar a outros mantementos. Polo que entendemos que pode haber unha discrfiminación destas fronte a outras entidades que dispoñen dun local municipal e onde o concello xa corre cos gastos de mantemento como a limpeza, por exemplo.

 

Así mesmo o BNG considera preciso reverter un dos criterios de valoración, fixado sobre o número de socios, popoñendo que se lle dea máis peso na valoración ao aceso da veciñanza aos servicios e actividades municipais, para que se poidan igualar as diferencias xeográficas entre a zona rural e a urbana.

O BNG lembra que o goberno local pactou e aprobou, co apoio do PP, unhas subvencións nominativas de 1’5 millóns de euros que mesmo contaban cun reparo negativo da intervención municipal e que superan con moitisima diferencia a partida económica destas subvencións veciñais, polo que lle pide ao goberno local vontade política para aceptar as propostas do BNG, que non busque escusas xa que se quere pode levalas adiante.

O BNG propón melloras nas bases das subvencións as entidades veciñais de Ferrol