O BNG pide a Mato que convoque o pleno coas mocións de novembro

Ivan Rivas
Ivan Rivas
Iván Rivas, portavoz nacionalista, exixiu a Angel Mato que deixe de agocharse e convoque esta sesión plenaria na que ademais do servizo de transporte ao centro de día do fogar infantil tense que abordar,tamén, a proposta do BNG para a ampliación da praza Sánchez Aguilera e aumentar ás zonas verdes da nosa cidade.
O BNG pide a Mato que convoque o pleno coas mocións de novembro

Ferrol 18 de xaneiro de 2022. Iván Rivas portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, considera que a negativa do alcalde da cidade, Angel Mato, a convocar o pleno que debería abordar ás mocións pendentes do mes novembro obedece a que o grupo socialista pretende agochar a súa responsabilidade no abandono que padecen as familias usuarias do fogar infantil tras a decisión do goberno local de non prorrogar o servizo de transporte as nenas e nenos usuarios deste centro de dia de menores.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, exixiu a Angel Mato que deixe de agocharse e convoque esta sesión plenaria na que ademais do servizo de transporte ao centro de día do fogar infantil tense que abordar,tamén, a proposta do BNG para a ampliación da praza Sánchez Aguilera e aumentar ás zonas verdes da nosa cidade.

Para o BNG non existe ningunha xustificación para que dous meses despois sigamos sen abordar estas cuestións pendentes. Estamos así por unha decisión exclusivamente política de Angel Mato, quen, mesmo, vulnerando a legalidade ao non incluír estas mocións no pleno de decembro tal e como fixa a lexislación comprometeuse a convocar un pleno extraordinario cousa que tampouco cumpriu.

Iván Rivas lamentou esta deriva antidemocrática do goberno de Angel Mato que ademais de incumprir os acordos plenarios adoptados nas diferentes iniciativas plenarias agora pretende tamén privar ao BNG da posibilidade de defender as súas iniciativas no pleno municipal.

O BNG pide a Mato que convoque o pleno coas mocións de novembro