O BNG pide a limpeza da praza situada entre a entrada principal de Navantia e o polideportivo de Batallóns
Ferrol 9 de xuño de 2025. Os nacionalistas recordan a súas reiteradas peticións, na comisión de “Urbanismo, obras e servicios”, de que o concello recorde e inste ao seu propietario o IGVS (Instituto Galego de Vivenda e solo) a súa obriga de manter e limpar esta parcela ou actuar subsidiariamente.
O concelleiro do BNG Roberto Montero expón que a situación desta praza, e de total desleixo e abandono por parte do IGVS, ente dependente da Xunta de Galiza, co cómplice silencio por parte do goberno municipal do PP, “non se acomete ningunha labor de mantemento nin de limpeza, o lixo campa as súas anchas, podemos atopar latas, plásticos, botellas e ata colchóns tirados no chan que permanecen alí durante anos”
Dende a fronte acusan o PP de intente normalizar está situación esperando de brazos cruzados a ver se algún día a execución do proxecto de abrir Ferrol o mar o pode solucionar, Montero tamén denuncia que o goberno municipal de Rey Varela sempre que ten que escoller entre defender a veciñanza ou a Xunta de Galiza acabe sempre dando as costas a veciñanza.