O BNG pide cambiar de ubicación o skate park previsto en Canido

plano skatepark
plano skatepark
O BNG pide cambiar de ubicación o skate park previsto en Canido

Ferrol 11 de xuño de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera un erro a instalación dun skate park no parque Antón Varela de Canido e insta ao goberno municipal a buscar un espazo alternativo no propio barrio para a ubicación desta instalación.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que a cidade precisa de zonas verdes, tanto de nova creación como de manter as poucas que temos, polo que cementar 400 m2 dun xardín público vai na liña contraria a termos unha cidade máis humanizada. Trátase de ampliar as zonas de esparcimeto na cidade e non de colmatar os poucos espazos de lecer dos que dispomos.

 

Rivas sinala que o parque Antón Varela é unha zona verde consolidada no barrio de Canido, amplamente empregada pola veciñanza e cunha forte carga simbólica, tanto porque leva o nome da figura de Antón Varela como por situarse na mesma o monumento as persoas represaliadas polo Franquismo na comarca, polo que a instalación desta instalación vai en detrimento desta zona do barrio como lugar símbolico do mesmo.

 

É por iso que o BNG instamos ao goberno local a reconsiderar a súa decisión e a emprazar dita zona deportiva noutra parcela do barrio de Canido

O BNG pide cambiar de ubicación o skate park previsto en Canido