O BNG pide explicacións ao goberno polas condicións de celebración do mercado de Semana Santa
Ferrol 30 de xaneiro de 2023. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao goberno local que dea explicacións a respecto da súa implicación na organización dun mercado na nosa cidade durante a Semana Santa, se ten coñecemento do mesmo e lse ten previsto actuar como fixo co mercado de artesanía no nadal.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que diante dunha nova convocatoria para a celebración desta actividade e de ser certas, as condicións esixidas, estas limitan claramente a participación no mercado do tecido artesán local. O Goberno Local volve caer nos mesmos erros e actúa da mesma forma que no mes de decembro e avogou por estabelecer canles de diálogo entre o concello e as artesáns interesadas en participar neste tipo de eventos co obxectivo de fomentar e facilitar a súa participación.
O BNG sinala que non é de recibo que a mesma empresa e usando o nome do concello de Ferrol estea enviando ofertas a artesáns para estabelecerse nun evento a celebrar na Semana Santa cunhas condicións e prezos que van desde os 900€ até case os 2000 € sen ive por unha feira que durará unha semana convertendo a participación de moitos e moitas artesáns da nosa cidade en imposíbel.
Iván Rivas, portavoz do BNG, considera que o goberno local ten os medios necesarios ao seu alcance para organizar este tipo de mercados co que darlle cabida ao tecido artesanal da nosa cidade e a posibilidade de facelo en cordenación con elas.
Iván Rivas, así mesmo, considera que cando o goberno municipal de Ferrol aínda ten pendente por dar explicacións sobre a súa actuación no mercado de nadal insista na mesma forma de proceder. Desde o BNG consideramos oportuno que o goberno local aclare que tipo de relación ou contrato existe no concello con esta empresa para desenvolver esta actividade e porque segeun sen contar cos artesáns e artesás para celebrar este tipo de eventos.