O BNG pide ao goberno local a reapertura da rúa Nova de Caranza

rúa Nova
rúa Nova
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, abordou esta cuestión na comisión de urbanismo celebrada hoxe e pediu ao goberno local que aclare definitivamente a data da súa apertura ao trafico pois esta situación está a provocar a queixas da veciñanza e dos comerciantes da zona.
O BNG pide ao goberno local a reapertura da rúa Nova de Caranza

Ferrol 25 de xaneiro de 2023. O portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas, trasladou esta mañá ao goberno municipal as queixas da veciñanza de Ultramar e a solicitude para que se proceda a reabrir ao tráfico a rúa Nova de Caranza poñendo fin ao corte da circulación no túnel de conexión coa rotonda do Diapasón.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, abordou esta cuestión na comisión de urbanismo celebrada hoxe e pediu ao goberno local que aclare definitivamente a data da súa apertura ao trafico pois esta situación está a provocar a queixas da veciñanza e dos comerciantes da zona.

 

Ivan Rivas lembra que estes traballos, que obrigaron a restrinxir o tráfico nesta rúa, iniciáronse o pasado 14 de novembro e tiñan previsto unha duración dunha semana. Hoxe máis de dous meses despois a vía segue cortada sen que o goberno local sexa capaz de informar sobre o estado dos traballos nin dar conta de cando se poderá volver a circular.

 

Para o BNG non é de recibo a actitude amosada polo goberno municipal de desleixo fronte aos problemas da cidade nin de ser capaz de informar sobre cales son as causas que motivan que uns traballos que ían durar unha semana se prolonguen máis de dous meses provocando importantes molestias ao vecindario.

O BNG pide ao goberno local a reapertura da rúa Nova de Caranza