O BNG lamenta o silencio do goberno local no caso de agresión sexual do ex-conselleiro do Mar.
Ferrol 11 de xuño de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lamenta o silencio do goberno municipal en relación ao caso de agresión sexual no que figura como investigado o ex-conselleiro do Mar da Xunta de Galiza e censuran que as únicas declaracións do alcalde desta cidade, Jose Manuel Rey Varela, sobre este asunto foran exclusivamente para poñer en valor a dimisión do presunto agresor e ignorase a vítima.
María López, concelleira do BNG, sinalou que desdeo BNG queremos manifestarlle a nosa solidariedade a vítima e condenar que o goberno de Rey Varela se sumase a liña argumental do Partido Popular do señor Rueda que ocultou durante meses esta denuncia por intereses políticos e polos que non queren dar as explicacións oportunas no Parlamento.
Para o BNG a mensaxe que lanza o Executivo Galego do PP ás mulleres é demoledora, ponse do lado do presunto agresor e ignora á vítima, algo que non se debería tolerar e polo que deberían disculparse.