O BNG pide aproveitar "Ferrol Invisible" para poñer, realmente, en valor o patrimonio da cidade
O portavoz nacionalista, esixiu ao goberno municipal que abandone a política de apariencias e actos propagandísticos con respecto ao patrimonio da cidade e se poña a traballar na recuperación definitiva sobre o que ten competencias directas e esixa o mesmo para as administracións públicas que teñan propiedades na nosa cidade en estado de abandono total.
24 nov. 2021 - 10:23
Ferrol 21 de novembro de 2021. Iván Rivas, portavoz nacionalista, propón ao Goberno municipal que aproveite a iniciativa Ferrol Invisible para poñer en valor o patrimonio da cidade de xeito real e positivo. É dicir, que vaia máis alá de visitas concretas para así proxectar ese enorme potencial a recuperar, reclamar e dignificar.
O portavoz nacionalista, esixiu ao goberno municipal que abandone a política de apariencias e actos propagandísticos con respecto ao patrimonio da cidade e se poña a traballar na recuperación definitiva sobre o que ten competencias directas e esixa o mesmo para as administracións públicas que teñan propiedades na nosa cidade en estado de abandono total.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que o único invisible nesta cuestión son as accións do goberno de Angel Mato para a recuperación do patrimonio usurpado por outras administracións e a súa posta a disposición para a ciadanía así como accións concretas para recuperar o patrimonio municipal. É curioso que desde o goberno local se chame patrimonio invisíbel a instalacións que pese a estar infrautilizadas son vetadas á cidadania como acontece con moitas instalacións de Defensa na nosa cidade e que poderían comezar pola derruba do muro do arsenal.
Desde o BNG se o goberno local está falto de ideas podémoslle refrescar a mente e deixarlle algunhas propostas para a realización desta iniciativa nas súas dúas vertentes mesmo algunhas poderiamos encaixala en ambos proxectos. O antigo edificio de Facenda, na rúa Madalena, A parcela do Sánchez Aguilera, o Edificio de Aduanas, no porto, a estación de Ferrocarril, o club da Armada no Montón xunto ao parque do Monton, de propiedade muncicipal, o castro de Esmelle, o bairro de Recimil, o observatorio de Monteventoso, o polígono de tiro de Catabois, o campamento de Prior, propiedade propiedade muncipal,son só alguns exemplos dos máis significativos do patrimonio local que permanece abandonado tanto polo goberno municipal como outras administracións sen que desde a administración local se lles esixa un mínimo de corresponsabilidade coa protección do patrimonio como coa propia cidade de Ferrol.