O BNG pide o apoio do concello de Ferrol á ILP “Esenciais” que tenta promover unha regularización extraordinara das persoas migrantes
Ferrol 21 de novembro de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, presentou esta mañá acompañado de Soledad Lucero, responsábel da asociación Mobilidade Humana, a moción que presentaran ao pleno municpal de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular da plataforma “Esenciales” que promove un procedemento extraordinario para a regularización das persoas estranxeiras.
Iván Rivas, portavoz do BNG, incidiu que esta moción trata sobre a situación na que actualmente viven perto de 500.000 perosas no Estado Español, xa que viven nunha situación de irregularidade administrativa que as está a levar a unha situación de precariedade persoal e colectiva que vai sendo hora que lle poñamos freo.
Esta é unha moción que xorde con motivo de apoio a unha ILP que o que pretende é a modificación da Lei de estranxeiría para poder acometer un proceso de regularización extraordinaria de todas estas persoas. Moitas destas persoas conviven con nós, son os nosos veciños e veciñas, que traballan nos nosos lugares de residencia e de vida habitual e que polo tanto compre avanzar neste proceso de regularización administrativa.
Rivas lembrou que o proceso ao que se teñen que enfrontar para esta regularización é un proceso dificil e complexo no que se lles esixen moitísimos requisitos e que ademais é moi lento .l
Indicou que a siuación xerada pola pandemia sanitaria evidenciou aínda máis a situación de precariedade na que viven e na que o actual contexto normativo esta a provocar unha situación que agrava esta situación e que vai sendo hora de poñerlle unha solución.
Esta moción busca que o concello de Ferrol se adira e apoie esta ILP por motivos obvios e simples porque todos e todas deberiamos respectar os dereitos fundamentais de cada ser humano ou porque por responsabilidade desde as administracións públicas deberiamos apoiar iniciativas como esta.
Soledad Lucero
Soledad Lucero, responsabel de Mobilidade Humana, indicou que esta Iniciativa lexislativa Popular parte de varias asociacións de emigrantes que decidiron unirse en todo o estado español xunto a entidades e partidos políticos que entenden que a dignidade non depende duns papeis, que a dignidade da vida vai enmarcada dentro dos dereitos humanos, decidiron organizarse para impulsar esta ILP e levar ao congreso esta demanda colectiva de dignidade máis alá de ter unha documentación.
A regularización corresponde a un proceso de dignificación das persoas emigrantes e queremos poder ter aceso a dereitos básicos como a vivenda, a sanidade ou o ensino , a poder cotizar e contribuir coa sociedade que nos acolle.
Indicou que a ILP xa dispón das 500.000 sinaturas necesarias para poder ser presentada pero queren ampliar ese número de apoios. En Ferrol estiveron apoiando e desenvolvendo esta campaña entidades como o Foro galego de Imnigración, Avante, Red de Mujeres de America Latina, Mobilidade Humana, Xeración ou a A. V.V de Canido.