O BNG pide retirar a placa de homenaxe da casa natal de Franco
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, pediu expresamente ao alcalde da cidade, Angel Mato, que actúe con honestidade en relación coa retirada dos símbolos, distincións e recordos que perduran na cidade do réxime franquista
18 nov. 2022 - 17:28
Ferrol 18 de novembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu esta mañá ao goberno local que inicie de inmediato os trámites para obrigar a retirada da placa homenaxe a Francisco Franco existente na fachada da súa casa natal e dar cumprimento a Lei de Memoria Democrática.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, pediu expresamente ao alcalde da cidade, Angel Mato, que actúe con honestidade en relación coa retirada dos símbolos, distincións e recordos que perduran na cidade do réxime franquista e en coherencia actúe dunha forma decidida para dar cumprimento a Lei de Memoria Democrática e reparar unha situación antidemocrática como que existan elementos á vista que enxalzan a un ditador como foi Francisco Franco.
O BNG lembra que recentemente entrou en vigor a Lei 20/2022, de 19 de outubro, de Memoria Democrática, que no seu artigo 35, recolle expresamente que: “cando os elementos contrarios á memoria democrática estean situados en edificios de carácter privado ou relixioso, pero con proxección a un espacio ou uso público, as persoas o institucións titulares ou propietarias dos mesmos deberán retiralos o eliminalos”
Iván Rivas, portavoz nacionalista, asegurou que o concello de Ferrol non pode seguir ignorando nin a Lei nin os múltiples acordos plenarios promovidos, entre outros polo BNG, solicitando a eliminación da simboloxía franquista que aínda perdura na nosa cidade. Rivas defendeu que é a hora de librarnos completamente dos retazos que o franquismo e o seu réxime aínda mantén na nosa cidade principalmente pola dignidade de non enxalzar unha ditadura fascista que provocou milleiros de mortos froito da represión cruenta que practicou.
O BNG defende limpar completamente a nosa cidade daquelas referencias que aínda perduran en lugares públicos como é a placa existente nafachada da casa natal do ditador Francisco Franco que enxalza a súa labor como caudillo de España. Lembra tamén a placa inaugural existente na Porta Nova da nosa cidade (praza de España), a estatua a González Llanos ou dirixirse ao cabildo do Hospital Juan Cardona para esixir a retirada da estatua de homenaxe a Camilo Alonso Vega existente nos xardíns das súas instalacións.